"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Mosteiro da cidade de Santiago, situado nas proximidades da catedral compostelá. Foi fundado nunha data próxima ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo, no ano 814 aproximadamente. Neste tempo, Afonso II mandou construír unha igrexa na honra de Santiago, outra na de san Xoán Bautista, e unha terceira con tres altares dedicados a san Salvador, san Pedro e san Xoán Apóstolo. Detrás deles, na parte leste da igrexa, situouse un espazo reservado para doce monxes que tiñan a obriga de ocuparse do culto a Santiago. A denominación do mosteiro fai referencia á súa orixinaria localización respecto a estes antigos altares. A advocación a san Paio despraza a orixinal dedicada a san Pedro, trala construción por parte do bispo Diego Páez dun altar dedicado ao neno mártir Paio en 1077. Os seus dominios patrimoniais, aínda que en permanente litixio coa súa poderosa veciña, a catedral compostelá, espallábanse por numerosos puntos da xeografía galega. Unha primeira serie de posesións localizábase nos arredores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da extremidade superior ou torácica dos primates, entre eles o home, comprendida entre o cóbado e o pulso. Está constituído por dous ósos, o radio e o cúbito, e vinte músculos. Está irrigado principalmente polas arterias radial e cubital e por veas que desembocan na axilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sala que precede a outra de maior entidade. Peza que antecede á sala ou ás salas principais dun pazo ou casa grande. Nos edificios públicos reciben o nome de saleta. Por extensión, aplícase a toda cámara ou espazo anterior a outro maior.

    2. Nun local público, cuarto que está diante da sala de recepción.

    3. Espacio que precede á cámara do navío.

    4. Cámara auxiliar de pequeno volume na que, nos motores con precombustión, desemboca o inxector. Comunica coa cámara de combustión a través duns buracos de pequena sección ou dun conduto relativamente estreito, e está aloxada, normalmente, na culata. Nos motores diesel, a antecámara modera a combustión evitando golpes bruscos no sistema biela-manivela e no cegoñal, aumenta a turbulencia dos gases producidos na precombustión e mellora a dispersión do combustible. A antecámara chámase tamén cámara de precombustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Refrán dunha composición poética que aparece sempre diante de cada unha das estrofas en lugar de aparecer ao final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben terreos anexos aos castros, dispostos a xeito de socalcos e de forma variable, tendentes á semicircularidade, que nalgúns casos acadaron proporcións considerables. Pódese dicir que é a zona de ampliación que contén a coroa, recinto superior en altura rodeado dunha muralla. Aínda que propiamente non formaban parte do recinto, si participan no seu sistema defensivo, podendo chegar a funcionar como área de ampliación da fortificación interior e dispoñer de defensas propias. Así mesmo, nalgúns antecastros téñense atopado estruturas habitacionais. Hai castros que teñen unha soa muralla, pero é moi frecuente atopar estes terreos anexos que o van adornando e que polo xeral quedan inscritos noutras murallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antecedente.

    2. Proceso polo que un curso de auga establecido antes dun alzamento tectónico mantén o seu curso durante ese alzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que antecede ou precede.

    2. Aquilo que antecede.

    3. Primeiro termo dunha correlación gramatical, que pode ser sobreentendido.

    4. Na implicación, o termo ou a proposición, da que se implica o consecuente.

    5. Motivo melódico que é retomado polo consecuente ou réplica, segundo algúns dos procedementos da imitación.

    6. Dise do curso de auga que sufriu un proceso de antecedencia.

    7. Relación de condenas penais ditadas contra unha persoa. Circunstancia agravante da responsabilidade penal de reincidencia; pode producir outros efectos legais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ir diante de algo ou de alguén no tempo, no lugar ou na orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que precede a outra no exercicio dun cargo ou dunha dignidade.

    2. Dentro da familia, devanceiro que viviu nun tempo anterior ao que se fai referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abombamento de tipo anticlinal nas áreas continentais, caracterizado polas súas grandes dimensións (de centenares ou de milleiros de quilómetros de amplitude), pola inclinación dos seus flancos (~1° de buzamento) e polo seu comportamento tectónico como elemento oposto ao pulo que provocan os dobramentos dos sinclinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa a sílaba ou sílabas que non entran no cómputo silábico dun verso e que preceden ao primeiro acento forte do verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación dos habitantes de dous puntos do globo terráqueo que teñen a mesma lonxitude e son equidistantes ao ecuador, pero un pola parte setentrional e o outro pola meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Data dun documento anterior á que debería levar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer antedata nun documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anterior ao diluvio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que foi dito ou referido anteriormente. OBS: Emprégase sobre todo no discurso escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto, xeralmente de tea ou de cartón, co que unha persoa cobre os ollos para non ser recoñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza, que pode ser meramente ornamental, colocada verticalmente no extremo inferior do bordo do tellado ou beirado e que serve para tapar o extremo de cada ringleira de tellas. A súa forma varía segundo o motivo que representa, desde o vexetal ata o antropomorfo, e inclusive escenas en relevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Flexión dun órgano, especialmente do útero que ten o fondo desprazado cara a diante, mentres que o colo conserva a súa posición normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran fosa de subsidencia que afecta o antepaís dunha cadea montañosa, na súa fase final de dobramento. Está recuberta por molasas procedentes dos novos relevos.

    VER O DETALLE DO TERMO