"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio (61 a C - 47 a C) Rei de Exipto (51-47 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo XII. Casou coa súa irmá, Cleopatra VII. Para congraciarse cos ocupantes romanos, mandou matar (48 a C) a Cneo Pompeo Magno. Sucedeuno o seu irmán Ptolomeo XIV Filopátor (59-44 a C), que gobernaba Chipre (48 a C). Foi asasinado poa súa irmá Cleopatra VII, coa que tamén casara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesarión.
-
PERSOEIRO
Astrónomo, matemático e xeógrafo grego. A súa obra principal é Composición matemática ou Gran Sintaxe -coñecida co nome de Almaxesto, nome que lle deron os tradutores árabes (al-Magisti)-, na que recolleu todos os coñecementos astronómicos anteriores e presentou o sistema ptolemaico. Tamén foi autor do libro máis importante de astroloxía da Antigüidade. Estudou os fenómenos relacionados coa acústica e expuxo as diversas teorías numéricas da música existentes na época. Escribiu un tratado de óptica, onde expuxo os fenómenos da reflexión e a refracción e deulle a formulación correcta. Foi o iniciador da cartografía moderna coa obra Geographia Hiphegesis, de oito volumes, un mapamundi e 26 mapas, onde recompilou as técnicas matemáticas para o trazado de mapas precisos mediante distintos sistemas de proxección, e recolleu unha extensa colección de coordenadas xeográficas correspondentes aos distintos lugares do mundo daquela coñecidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial. Xunto con Ben Field realizou en Chicago un tipo de vagón de ferrocarril con camas (1863). O primeiro vagón-cama construído foi bautizado con nome de The Pioneer (1865), e axiña se difundiu mundialmente. Tamén ideou outros perfeccionamentos e melloras para a comodidade, como os asentos extensibles ou o vagón restaurante. Fundou unha fábrica en Palmyra e unha cidade que leva o seu nome, Pullman City, en Chicago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante á polpa, especialmente referido aos exsudados de certas anxinas.
-
-
Relativo ou pertencente ás punicáceas.
-
Planta da familia das punicáceas.
-
Familia de plantas arbóreas ou arbustivas, da orde das mirtais, con follas opostas ou fasciculadas, flores solitarias dispostas en aciosaxilares e froito protexido por unha envoltura coriácea. Só consta o xénero Punica, con dúas especies: P. granatum, propia da rexión mediterránea e do SO asiático, e P. protopunica, da illa de Suquṭrā. Algúns autores inclúena dentro das litráceas.
-
-
-
Relativo ou pertencente á púrpura.
-
Que é de cor púrpura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebaxeos.
-
-
Relativo ou pertencente ás quenopodiáceas.
-
Planta da familia das quenopodiáceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou raramente arbustivas, da subclase das cariofílidas, con follas habitualmente simples e alternas, flores inconspicuas, hermafroditas ou unisexuais, hipóxinas ou en ocasións perixinas, actinomorfas e monoclamidias, correntemente agrupadas en inflorescencias densas, e de froitos en núcula ou en cápsula, envoltas por periantio persistente. A familia é cosmopolita, pero con máis representantes nas rexións áridas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría proposta por P. D. Mitchell sobre a transferencia de enerxía química nos seres vivos. Segundo esta teoría, nunha membrana que contén transportadores de electróns e de protóns a través de si, aparece unha forza promotriz debida á diferenza de actividade electroquímica dos protóns a ambos os dous lados da membrana.
-
PERSOEIRO
Nobre, III marqués de San Carlos, I marqués de Alcedo e Grande de España. Propietario do pazo de Castrelos, o 12 de decembro de 1924 doouno ao Concello de Vigo coa condición de que non saíse nunca do dominio público e que se destinase a museo de arte e parque público, coa denominación de Parque de Quiñones de León. A doazón fíxose efectiva en 1934.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Municipal Quiñones de León.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Castrelos.
-
PUBLICACIÓNS
Serie de cadernos monográficos editados en Vigo a partir de 1978. Incluían información sobre diversos santuarios e castros de diferentes concellos galegos, notas sobre escavacións e prospeccións arqueolóxicas, e localizacións de petroglifos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Doutor en Ciencias Económicas, foi catedrático na Escola de Comercio da Coruña e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña (1970-1984). Deputado no Congreso por UCD na I lexislatura (1979-1982), participou na Comisión dos 9 (1979). Director adxunto de Caixa Galicia (1984-1994) e directivo en diversas entidades, foi nomeado director xeral (1994) e presidente (2002) da Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). En 2003 elixírono vogal do Consello de Estado. Publicou, entre outros, La empresa socialista: una aproximación económica (1971), Sobre un modelo dinámico de monopolio (1971), La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica (1973) e Economía y educación (1983). Pertence á Academia Galega de Ciencias, á Royal Economic Society e á Sociedad Española de Sistemas Generales. Recibiu o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1981) e a Medalla Castelao (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Predicou en Manila, onde foi catedrático na súa universidade, prior do convento dominicano e comisario xeral da Inquisición. Escribiu varios opúsculos en lingua tagala.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático emérito da Universidad Complutense de Madrid, foi vicerreitor da mesma, director do Instituto de Filosofía Luis Vives e primeiro reitor da Universidade San Pablo CEU. Publicou Verdad, conocimiento y ser (1965), Guillermo de Ockham y la filosofía del siglo XIV (1966), Hume y el fenomenismo moderno (1974), Método y pensamiento en la modernidad (1981), La razón y lo irracional (1994) e Teoría del conocimiento (1998). Recibiu a medalla de ouro da Universidad Complutense de Madrid e a Encomienda de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ribadeo a partir do 20 de xaneiro de 1932. Dirixido por Leopoldo Fernández, foi unha publicación defensora do Partido Republicano Radical, así como dos intereses morais e materiais de Ribadeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de radioscopia que utiliza dous tubos de raios X para obter dúas imaxes que dean unha sensación de relevo.
-
-
Relativo ou pertencente ás rafflesiáceas.
-
Planta da familia das rafflesiáceas.
-
Familia de plantas, da orde das rafflesiais, integrada por especies parasitas que carecen de clorofila e presentan un aparato vexetativo reducido. As flores son actinomorfas solitarias ou en acios, xeralmente unisexuais, de periantio monoclamídeo e de ovario ínfero, e froitos baciformes ou capsulares con sementes pequenas e abundantes. A maioría das súas especies son tropicais. A esta familia pertence a especie Rafflesia arnoldi, que ten a flor máis grande coñecida, que pode alcanzar máis de 90 cm de diámetro. Na Península Ibérica só aparece o xénero Cytinus.
-