Quintás Seoane, Juan Ramón
Economista e político. Doutor en Ciencias Económicas, foi catedrático na Escola de Comercio da Coruña e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña (1970-1984). Deputado no Congreso por UCD na I lexislatura (1979-1982), participou na Comisión dos 9 (1979). Director adxunto de Caixa Galicia (1984-1994) e directivo en diversas entidades, foi nomeado director xeral (1994) e presidente (2002) da Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). En 2003 elixírono vogal do Consello de Estado. Publicou, entre outros, La empresa socialista: una aproximación económica (1971), Sobre un modelo dinámico de monopolio (1971), La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica (1973) e Economía y educación (1983). Pertence á Academia Galega de Ciencias, á Royal Economic Society e á Sociedad Española de Sistemas Generales. Recibiu o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1981) e a Medalla Castelao (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña