Ptolomeo, Claudio

Ptolomeo, Claudio

Astrónomo, matemático e xeógrafo grego. A súa obra principal é Composición matemática ou Gran Sintaxe -coñecida co nome de Almaxesto, nome que lle deron os tradutores árabes (al-Magisti)-, na que recolleu todos os coñecementos astronómicos anteriores e presentou o sistema ptolemaico. Tamén foi autor do libro máis importante de astroloxía da Antigüidade. Estudou os fenómenos relacionados coa acústica e expuxo as diversas teorías numéricas da música existentes na época. Escribiu un tratado de óptica, onde expuxo os fenómenos da reflexión e a refracción e deulle a formulación correcta. Foi o iniciador da cartografía moderna coa obra Geographia Hiphegesis, de oito volumes, un mapamundi e 26 mapas, onde recompilou as técnicas matemáticas para o trazado de mapas precisos mediante distintos sistemas de proxección, e recolleu unha extensa colección de coordenadas xeográficas correspondentes aos distintos lugares do mundo daquela coñecidos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ptolemais