"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

      1. Relativo ou pertencente a Xava, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Xava.

      1. Relativo aos xavaneses ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo xavanés.

      3. Conxunto de etnias indonesias que forman o grupo de poboación máis importante de Xava. De relixión musulmá, as súas crenzas estan impregnadas de elementos animistas. A organización social é diversa, nas comunidades campesiñas desenvolveuse un sistema relativamante igualitario baseado no parentesco e nas cidades dáse unha estratificación moi ríxida.

    1. s

    2. Arte musical cultivada na illa de Xava. É o núcleo principal da música indonesia. A formación orquestral é o gamelan, e a música vai unida especialmente ás danzas e ás representacións teatrais con actores ou con wajang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santa María da Saleta

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado en Domaio. O seu cumio acada os 624 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia lingüística do phylum amerindio que inclúe o grupo xe, caribe, pano e mataco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Papa Xelasio I.

    2. Compilación de diversas fontes feita a comezos do s V atribuída ao Papa Xelasio I. Trata, entre outros temas, do Espírito Santo, do nome de Xesús Cristo, do canon bíblico, da autoridade dos concilios e dos padres da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (492-496). Teólogo, polemizou a favor do Concilio de Calcedonia e do primado romano e en contra do pelaxianismo e do maniqueísmo. A súa festividade celébrase o 21 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construído por Diego Xelmírez para substituír o anterior palacio destruído polas revoltas de 1117, está situado á beira da catedral, na praza do Obradoiro. Orixinariamente tiña dous pisos pero engadíuselle un terceiro no s XVIII, polo que foi necesario reforzar os muros con contrafortes. No interior destaca o pórtico románico na planta baixa que dá a un vestíbulo polo que se accede á sala de armas, dividida en nove tramos por catro grandes piares formados por un feixe de columnas que sosteñen as nervaduras das bóvedas. No piso superior atópanse o salón de banquetes, cuberto por cúpulas nervadas construídas no s XIII polo arcebispo Xoán Arias e no que destacan os capiteis historiados das columnas con representación de banquetes e festas medievais. Foi declarado BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir. Avogosa das mulleres estériles, a súa festividade celébrase o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mística. Sandou milagrosamente dunha parálise, sufriu estigmas nas mans e nos pés e tivo visións da Virxe e de diversos santos. A súa festividade celébrase o 11 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Geminianus, xentilicio formado no latín tardío, derivado de Geminus ‘xemelgo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Astorga. Restaurou o mosteiro de San Pedro de Montes no Bierzo, fundado por san Froitoso. Foi conselleiro de Afonso III. A súa festividade celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (458-471), escritor e teólogo. Tratou de reconciliar as tradicións grega e exipcia. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Investigador do espazo e do tempo sonoro, das súas composicións destacan Metastasis (1954), Akrata (1965) e Linaia (1972), para trompa, trombón e tuba. Publicou Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Benevento. Na catedral de Nápoles consérvase a súa cabeza e o seu sangue callado que, ao achegalo á cabeza do santo, se licúa e parece ferver. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Re­lativo ou pertencente ás xencianáceas.

    2. Planta da familia das xencianáceas.

    3. Familia de plantas dicotiledóneas, composta por arbustos, árbores, lianas e herbáceas, anuais ou perennes, e desprovistas de clorofila. Presentan follas opostas e enteiras, as flores son actinomorfas con estames soldados á corola e froito en cápsula. Habitan en zonas de clima temperado, en gran variedade de medios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás xencianáceas.

    2. Planta da orde das xencianáceas.

    3. Orde de plantas dicotiledóneas, formada por árbores, arbustos, lianas e herbáceas, con follas opostas ou verticiladas e flores con corola simpétala e estames alternipétalos. Está composta por familias como as xencianáceas, as apocináceas ou as asclepiadáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se atopa na raíz da xanzá nun 0,1%, do que se obtén por pulverización, maceración con auga e extracción con alcohol. Emprégase como colorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o domingo da Trindade en Xende (A Lama) ao redor dunha igrexa construída coas esmolas dos romeiros. Celébrase unha procesión de mortallas baleiras que levan na cabeza os romeiros, que ás veces van acompañados da persoa por quen se fixo a ofrenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro. De nome Temüjin, fundou o Imperio Mongol. Iniciou diversas campañas ata que en 1206 foi elixido xefe supremo (xenguis khan) de toda Mongolia. Emprendeu a conquista de China (1215) e enfrontouse coas tropas de Corasmia, ás que arrebatou Bukhara (1219) e Samarcanda (1220). Avanzou ata Acerbaixán e Rusia meridional. O seu éxito baseouse, ademais de nos seus dotes de guerreiro, na creación dunha organización que proporcionou o rudimento da lei imperial mongólica (yasa). Ao morrer repartiu o imperio entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO