Xenguis Khan
Xenguis Khan
Nome científico: [mongol: Čingiz - Khan]
Guerreiro. De nome Temüjin, fundou o Imperio Mongol. Iniciou diversas campañas ata que en 1206 foi elixido xefe supremo (xenguis khan) de toda Mongolia. Emprendeu a conquista de China (1215) e enfrontouse coas tropas de Corasmia, ás que arrebatou Bukhara (1219) e Samarcanda (1220). Avanzou ata Acerbaixán e Rusia meridional. O seu éxito baseouse, ademais de nos seus dotes de guerreiro, na creación dunha organización que proporcionou o rudimento da lei imperial mongólica (yasa). Ao morrer repartiu o imperio entre os seus fillos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Siberia Oriental -
Deceso
Lugar : Gansu