Xende, O Santo Cristo de
Xende, O Santo Cristo de
Romaría que se celebra o domingo da Trindade en Xende (A Lama) ao redor dunha igrexa construída coas esmolas dos romeiros. Celébrase unha procesión de mortallas baleiras que levan na cabeza os romeiros, que ás veces van acompañados da persoa por quen se fixo a ofrenda.