xene

xene

(< formación culta a partirdo lat genus ‘orixe’)

  1. s m [XEN]

    Unidade funcional de material xenético que está situada nos cromosomas e que corresponde a un fragmento de ADN que leva información sobre un determinado carácter. A xenética clásica consideraba tamén o xene como a unidade responsable do cruzamento e mutación, pero posteriormente demostrouse que a mínima parte de material xenético que pode mutar e recombinarse é unha parella de nucleótidos de ADN. As técnicas de enxeñaría xenética puxeron de manifesto que os xenes dos organismos superiores presentan diferenzas funcionais e de expresión respecto dos xenes bacterianos. Así, entre outras diferenzas, os xenes bacterianos son contínuos, mentres que os eucariotas presentan mosaicos, e o promotor nos procariotas é adxacente ao xene estrutural, mentres que nos eucariotas, consta de dúas partes complementarias.

  2. xene atenuador [XEN]

    Xene de control que obstaculiza a síntese que realiza un operón, nun estadio intermedio.

  3. xene común [XEN]

    Alelo que se presenta con maior frecuencia nunha poboación natural.

  4. xene dominante [XEN]

    Xene que, nunha combinación heterocigótica, é o único que se manifesta.

  5. xene estrutural [XEN]

    Xene que porta información para unha cadea polipeptídica específica.

  6. xene letal [XEN]

    Xene que determina a morte prematura do organismo que o porta.

  7. xene modificador [XEN]

    Xene que modifica o efecto doutro xene non alelo.

  8. xene recesivo [XEN]

    Xene que non se manifesta nunha combinación heterocigótica cun xene dominante.

  9. xene regulador [XEN]

    Xene que regula o funcionamento dos xenes estruturais.

  10. xene saltador [XEN]

    Segmento de ADN especializado que pode transportarse a outra molécula de ADN. Este xene pode atoparse nun plásmido intacto ou nun cromosoma bacteriano. A súa importancia está na rápida transmisión de caracteres adaptativos, como se observa en plásmidos que confiren resistencia a axentes microbianos.

  11. xene silencioso [XEN]

    Xene que non se manifesta na transcrición xenética.

  12. xene supresor [XEN]

    Xene que impide a manifestación doutros xenes non alelos.

  13. xenes complementarios [XEN]

    Conxunto de dous ou máis xenes independentes nos que o alelo dominante dun deles se expresa no fenotipo só cando os alelos dos outros xenes tamén son dominantes.