xenealoxía

xenealoxía

(< lat genealogia < grγενεαλογία)

  1. s f

    Conxunto de ascendentes dunha persoa.

  2. s f

    Ciencia que establece o parentesco entre persoas e liñaxes e estuda a orixe, a descendencia e as alianzas. Complementaria da heráldica e auxiliar da historia, tamén é debedora da bioloxía, da socioloxía, da estatística ou do dereito, entre outras ciencias. En Exipto, India e Grecia, os reis, os eupátridas e os heroes tiñan árbores xenealóxicas que os emparentaban cos deuses. Na Biblia, as listas xenealóxicas teñen a miúdo un sentido simbólico e mnemotécnico. A xenealoxía moderna aparece no s XVI, pero acada o seu cume no s XVII. O xeito de establecer as xenealoxías pode ser moi variado e adoita facerse mediante as táboas xenealóxicas e as árbores xenealóxicas.

Palabras veciñas

Xende, O Santo Cristo de | Xendive | xene | xenealoxía | xenealóxico -ca | xenearca | xenebra