"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote e príncipe dos xudeus, fillo de Simón Macabeo. Recoñeceu a soberanía de Antíoco VII pero, tras a súa morte conquistou Siquem e impúxose aos idumeos, que se xudaizaron. Conseguiu independizarse de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1379-1390) e señor de Bizkaia (Xoán IV), fillo de Enrique II. Casou en 1375 con Leonor de Aragón, matrimonio do que naceron Enrique (futuro Enrique III de Castela) e Fernando de Antequera (futuro Fernando I de Aragón). Viúvo, casou con Beatriz (1383), filla e herdeira de Fernando I de Portugal e, ao morrer este, tentou conquistar o reino pero foi vencido na Batalla de Aljubarrota (1385). Ao producirse o Cisma de Occidente, proclamouse partidario do papa de Aviñón (1381); o duque de Lacanster, partidario de Roma, proclamouse rei de Castela e en 1386 desembarcou en Galicia, onde atopou unha forte resistencia. O conflito resolveuse co Acordo de Baiona (1388), mediante o matrimonio da filla do duque de Lancaster con Enrique, o seu fillo primoxénito. No eido da política interior, fixo unha amplia tarefa de lexislación, reorganizou o Consello Real e o exército e suprimiu certas prerrogativas da nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1387-1396), fillo de Pedro IV e Leonor de Sicilia. Despois do seu matrimonio (1380) con Violante, sobriña de Carlos V de Francia, aumentaron as influencias francesas no seu reino. Pactou unha alianza con Xoán I de Castela pero as relacións enfrontáronse tras a morte do rei castelán (1390). Adoptou unha política favorable á alta nobreza e ás oligarquías cidadás. As dificultades financeiras da coroa agudizáronse nos últimos anos do seu reinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Señor de Bizkaia (1289-1295 e 1310-1319), infante de Castela, fillo de Afonso X de Castela e Violante de Aragón. En 1291 participou na conquista de Tarifa. Ao morrer o seu irmán, Sancho IV de Castela, proclamouse rei de Galicia, León e Asturias (1296) pero someteuse a Fernando IV (1300), de quen foi conselleiro. Foi titor de Afonso XI e morreu na Batalla de la Vega de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1481-1513), de Noruega (Xoán I; 1481-1513) e de Suecia (Xoán II; 1497-1501), fillo e sucesor de Cristián I. Apoderouse do ducado de Holstein, que compartiu co seu irmán Federico. En 1497 sucedeu a Sten I no trono de Suecia, pero unha revolta expulsouno do país en 1501.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia e Navarra, fillo póstumo de Luís X de Francia. Morreu ao pouco de nacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1526-1538) e príncipe de Transilvania (1538-1540), fillo do voivoda de Transilvania Esteve Szapolya. Na Dieta de Szekesfehervar (1526) elixírono rei de Hungría. O seu adversario Fernando de Austria proclamouse rei un mes máis tarde en Presburg. En 1538, despois dunha gran loita, asinaron a Paz de Nagyvarad, pola que recibiu Hungría oriental, mentres que Hungría occidental pasou a mans de Fernando de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Oxford 1167 - castelo de Newark, Nottinghamshire 1216) Rei de Inglaterra e duque de Normandie (1199-1216), señor de Irlanda (1177) e conde de Mortain (1189), fillo de Enrique II e Leonor de Aquitania. En 1199, ao morrer Ricardo I de Inglaterra, tomou o título de rei. En 1200 casou coa herdeira Isabel de Angulema, feito que provocou a oposición de Filipe Augusto de Francia e revoltas neste país. Practicou unha ríxida política represiva cos seus súbditos. A Desfeita de Poitou (1214) e dos seus aliados en Bouvins (1214) provocaron a revolta dos baróns, que ocuparon Londres (1215) e o forzaron a asinar a Carta Magna, considerada o documento inicial do sistema parlamentario inglés. As dificultades internas provocaron a guerra civil (1215-1217).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Luxemburgo e duque de Nassau, fillo da gran duquesa Carlota I e do príncipe Félix de Parma. En 1964 converteuse en soberano do país. Abdicou en 2000 e sucedeuno o seu fillo Enrique I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1385-1433), fillo de Fernando I. Inaugurou a dinastía de Avís. Dirixiu a revolución anticastelá protagonizada polos nobres portugueses e foi proclamado rei de Portugal por unha asemblea reunida en Coimbra. Enfrontouse con Xoán I de Castela, que se consideraba con dereitos ao trono portugués polo seu matrimonio con Beatriz, única filla lexítima de Pedro I. Venceuno na Batalla de Aljubarrota (1385) e impulsou as conquistas portuguesas en África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1216-1222), fillo de Sverker II. Sucedeu a Eric X e sostivo a cruzada dos cabaleiros da espada contra os estonianos (1220).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1210-1212) e emperador latino de Constantinopla (1229-1237), fillo de Erardo III de Brienne. Participou na conquista de Nápoles. En 1235 enfrontouse aos ataques de Iván Asen de Bulgaria e Xoán III de Nicea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (969-976). Amante da Emperatriz Teófano, conspirou con ela para asasinar a Nicéforo II Focas. Bo diplomático, influenciou o clero e expulsou os rusos de Bulgaria oriental (970), que anexionou ao imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (523-526). Teodorico o Grande enviouno a Constantinopla para obrigar ao Emperador Xustino a abandonar a persecución dos arianos. O fracaso da súa misión provocou que fose detivo e encarcerado á súa volta a Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (533-535). De nome Mercurio, foi o primeiro que cambiou o seu nome cando accedeu ao pontificado. Aprobou unha profesión de fe que rematou á polémica do teopasquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1406-1454), fillo e sucesor de Enrique III e Catarina de Lancaster. O seu reinado caracterizouse polas loitas entre a monarquía e a nobreza. A dirección do partido da corte pasou a mans de Álvaro de Luna, que se converteu en privado omnipotente do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1648-1668), fillo de Sexismundo III. Sucedeu o seu irmán Ladislau IV. Asinou as paces de Oliva (1660) e Andrusovo (1667), polas que cedeu a Prusia oriental ao elector de Brandenburgo, Ucraína e a Rusia Branca ao tsar e Livonia a Suecia. Abdicou en 1668, e retirouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1118-1143), fillo e sucesor de Aleixo I Comneno. Emperador soldado, eliminou definitivamente os pechenegos (1123) e impuxo a soberanía imperial en Serbia (1124).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1458-1479) e de Navarra (Xoán I; 1425-1479), fillo de Leonor de Alburquerque e Fernando I de Aragón. Educado en Galicia, non chegou a Castela ata que tivo 15 anos. Casou con Branca de Navarra, herdeira ao trono (1420) e foi proclamado rei de Navarra con esta (1425). En Castela fomou unha liga para opoñerse a Álvaro de Luna, a quen desterrou (1427), pero ao ano seguinte, a petición de Xoán II de Castela, tivo que ceder o seu lugar a Álvaro de Luna e foi proscrito do reino, o que significou a guerra de Castela con Aragón (1429-1430). Enfrontouse ao seu fillo Carlos de Viana, herdeiro do Reino de Navarra, entre 1441 e 1457. Para acadar novas posicións de forza en Castela e illar os seus inimigos, acordou o matrimonio do seu fillo o príncipe Fernando con Isabel, irmá e herdeira de Enrique IV (1469), e pactou unha alianza con Inglaterra e Borgoña (1471).

    VER O DETALLE DO TERMO