"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de interlinear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diálogo entre dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de intermediar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modulación producida entre dúas ondas complexas por efecto dun transdutor non lineal no que se producen outras ondas de frecuencia igual á suma e ás diferencias das frecuencias iniciais, correspondentes aos fundamentais e aos harmónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a dúas ou máis nacións, ao que ocorre ou se realiza entre elas e os seus naturais.

      2. Relativo ou pertencente a todas as nacións ou que ocorre ou se realiza entre elas.

    1. Que ou quen participa en competicións entre dous ou máis países.

      1. estilo internacional

        Estilo arquitectónico aparecido en Los Angeles cara a 1920-1925, resultado da fusión da arquitectura estadounidense e as correntes europeas introducidas por R. Schindler e R. Neutra. A denominación dérona H. R. Hitchcock e P. Johnson no seu libro The International Style. Architecture since 1922, onde definiron as súas características: a concepción da arquitectura como volume, a idea de que a orde é o medio para lle dar claridade ao proxecto arquitectónico e o rexeitamento da decoración inmotivada. Entre outras obras destacan o pavillón alemán da Exposición Internacional de Barcelona de 1929, obra de Mies van der Rohe, reconstruído no seu lugar orixinal entre 1980 e 1986.

      2. gótico internacional

        Etapa da pintura gótica que comprende a pintura europea de finais do s XIV e comezos do s XV. Caracterízase por un avance na concepción da perspectiva, por unha acentuación do movemento e por un perfeccionamento no retrato. En Alemaña está representado pola escola de Colonia, en Francia polos irmáns Limbourg e Melchior Broederlam e en Italia por Pisanello e Masolino da Panicale. En Castela foi obra de estranxeiros: en Salamanca, Nicola Florentino e Dello Delli, en León, Nicola Francés; e na Coroa de Aragón, o catalán Lluís Borrassà.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización mundial que engloba os partidos socialdemócratas, socialistas e laboristas. Foi creada no Congreso de Frankfurt de 1951 co propósito de promover a distensión internacional e de defender os dereitos dos traballadores. Estivo presidida por W. Brandt entre 1976-1992, ao que sucederon P. Mauroy (1992-1999) e António Guterres desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Himno revolucionario internacional. Con letra de E. Pottier e música de P. Degeyter, converteuse no himno dos partidos socialistas e comunistas; a finais de 1941 erixiuse tamén como himno nacional da URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional da clase obreira fundada en 1938 a instancias das organizacións trostkistas como alternativa ao stalinismo do Komintern. A súa actividade viuse dificultada pola implantación dos réximes fascistas e as depuracións stalinistas que a reduciron á clandestinidade. Os movementos xurdidos en toda Europa a partir de 1968 déronlle un novo impulso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores de carácter supranacional fundada en Londres en 1864 co nome de Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Os seus principios centrais eran a organización da clase obreira, a abolición da sociedade clasista, a solidariedade obreira internacional e o recoñecemento da importancia do movemento sindical e da folga como instrumentos de loita. Adoptou unha gran parte das ideas de Marx, recollidas no manifesto fundacional, onde se afirmaba que a emancipación dos traballadores só podía ser obra deles mesmos e pronunciábase pola colectivización dos medios de produción. Celebrou congresos en Xenebra (1866), Lausanne (1867), Bruxelas (1868) e Basilea (1869). A derrota da Comuna de París agudizou a polémica entre os seguidores de Bakunin e os de Marx, e a Internacional escindiuse no Congreso da Haia de 1872. A viaxe de Fanelli por Catalunya, València e Madrid (outubro 1868-febreiro 1869) permitiu a constitución de grupos internacionalistas en Madrid e Barcelona....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores fundada en París en 1889, coa participación dos principais partidos socialistas e sindicatos profesionais. Estableceu a necesidade de formar partidos políticos proletarios que aceptasen o parlamentarismo e o utilizasen para mellorar as condicións sociolaborais do proletariado. O Congreso de Stuttgart (1907) proclamou unha postura antibelicista pero, ao estoupar a Primeira Guerra Mundial, a política maioritariamente partidaria da defensa do propio estado provocou a súa disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de traballadores, tamén coñecida como Komintern, fundada en Moscova en 1919 coa intención de construír unha unión de partidos comunistas. No Congreso de Moscova (1920), Lenin acolleu a delegacións de 37 países e trazou os 21 puntos que constituían as bases ideais para a adhesión á Internacional, que pasaban pola creación dunha estrutura análoga á do Partido Comunista da Unión Soviética e a loita contra a socialdemocracia. Trala morte de Lenin, o Komintern sufriu as consecuencias dos conflitos internos do grupo dirixente na URSS e, especialmente nos anos de stalinismo coa súa política de socialismo nun único país, o que subordinou os intereses nacionais soviéticos ás demandas do resto dos partidos comunistas. A chegada de Hitler ao poder (1933), xunto coa expansión dos movementos fascistas en toda Europa, levou á Internacional a promover as frontes populares en todos os sectores sociais antifascistas. No transcurso da guerra, Stalin disolveuna (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrinas ou actitudes que propugnan a prevalencia das relacións internacionais sobre as nacionais.

    2. Doutrina socialista que preconiza a unión internacional dos traballadores fronte ao capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao internacionalismo.

      2. Que ou quen é partidario do internacionalismo.

    1. Que ou quen está especializado en dereito internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de internacionalizar ou internacionalizarse.

    2. Proceso que comporta a eliminación das barreiras ao libre comercio e a expansión do comercio internacional, a mobilidade das persoas físicas e xurídicas, a transferencia de tecnoloxía, dos coñecementos en xeral e os movementos de capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar carácter internacional a algo ou alguén.

    2. Pór algo baixo o control internacional.

    3. Adquirir algo ou alguén carácter internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de interpelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de interpolar.

    2. Transplante cirúrxico dun tecido.

      1. Alteración dun texto. Frecuente nos clásicos, a interpolación débese á tendencia dos escribáns a facilitar a claridade do autor.

      2. Palabra interpolada no texto. Nas crónicas medievais a presenza de interpolacións débese ao desexo de engadir datos considerados interesantes ou pertinentes.

    3. Termo da glosemática que indica un engadido calquera a un texto. Carece, sen embargo, do carácter obrigatorio da catálise. Por exemplo, no texto comer lentellas, pódense realizar moitas interpolacións: quero comer ovos ou comer ovos e patacas.

    4. Procedemento en que dados os n valores y 1 , y 2 ,..., y i ,..., y n dunha función y = g(x) nos puntos x 1 , x 2 ,..., x i ,..., x n , permite calcular, aproximadamente, os valores de g(x) en puntos intermedios aos dados. Unha primeira aproximación constitúea a interpolación lineal, que consiste en supor que, entre cada dous puntos consecutivos dos dados, f(x) sexa un segmento de recta. Destacan a interpolación de Lagrange e a interpolación de Newton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de interpoñer(se) e de interpor(se).

    VER O DETALLE DO TERMO