"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fusilamentos de Carral.
-
PERSOEIRO
Motociclista. Especialista en probas de resistencia, foi campión de España de Enduro (1979-1985), gañou o Rallye de Tunisia (1987), a Baixa España Aragón (1987) e conseguiu o segundo posto no París-Dakar (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Esmagar algo na boca sen engulilo.
-
goma de mascar.
-
-
-
-
Obxecto de diversos materiais como madeira ou coiro, revestido de metal, que representa unha cara, que serve para ocultar o rostro, e que na Antigüidade levaban os actores cando representaban. No teatro grego, a máscara cubría a cabeza do actor e tiña unha grande abertura bucal que amplificaba a voz. O teatro romano, sen renunciar ás innovacións das atelanas, continuou as experiencias do teatro grego. Despois dun milenio, a máscara teatral reapareceu na Commedia dell’Arte italiana.
-
Figura de cartón ou outro material, imitando unha cara, con buracos para os ollos e a boca, con que unha persoa cobre o rostro.
-
Peza de veludo ou satén con buratos para os ollos, que utiliza para tapar a cara e non ser recoñecido.
-
baile de máscaras
Baile de disfraces onde as persoas levan a cara tapada con máscaras.
-
-
Gorxal de tea metálica bordeado con coiro que se adapta á cara por medio dunha tira elástica, especialmente utilizado en esgrima.
-
-
Obxecto empregado para protexer a cara.
-
Obxecto que cobre a cara, provisto de filtros de vidro de cor, que empregan os soldadores para protexerse dos raios infravermellos e ultravioleta, das faíscas, e doutros elementos.
-
Obxecto de malla de arame que cobre a cara e que a protexe cando se preparan explosivos.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro afeccionado creado en Vigo en 1971. Representou espectáculos como Ceremonia por un negro asesinado, sobre textos de Arrabal, e A pancarta e O xeneraliño, a partir das obras de Jorge Díaz. Desde 1980 presentaron traballos como Por Dios Eros, sobre textos de diversos autores, Ahl Kharallo Light, creación colectiva, Fajanjastoafjanistanirán, Ñeñeñe-Ukaka, e Labio Leporino, de Ricardo A. Indio. Entre os seus directores figuraron Manuel Camba, Xerome Calero, Ricardo A. Indio ou Antón Casal. Despois a compañía pasou a denominarse Máscara Producións, baixo a dirección de Xerome Calero, e representaron espectáculos como Máis se perdeu en Cuba, sobre un texto de Alfonso Sastre, Guillados, con texto de José Luís Alonso de Santos, ou Discurso sobre o fillo de puta, sobre un texto de Alberto Pimenta.
-
-
Festa de persoas disfrazadas con máscaras.
-
Conxunto de persoas que levan máscara.
-
Farsa ou enredo que se realiza para enganar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, tres faixas de ouro.
-
ILLAS
Arquipélago de orixe volcánica do Océano Índico, situado ao L de Madasgascar e composto polas illas Mauricio, Rodrigues, Reunión e outras illas menores (4.661 km2; 1.690.105 h [estim 1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta portugués. O seu espírito aventureiro levouno a Italia, Flandres ou Brasil. Escribiu Viriato Trágico (1699), un poemario épico onde no Canto XV, titulado “Um sonho profético”, relata os aspectos máis destacados e emocionantes da súa vida en 80 estancias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elevación brusca do nivel do mar que ten lugar en certos esteiros e que se acompaña de ondas que rachan de súpeto.
-
PERSOEIRO
Erudito. Especialista en lingua e cultura sánscrita, foi lector en Oxford e vicerrector do Parameshvara College at Jaffna de Sri Lanka. Publicou Lamps of Fire (1958) e estudios e traducións ao inglés de obras sánscritas e do pali como Upanishads, Dhammapada e Bhagavad-Gītā.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Máscara con rasgos humanos ou animais aplicada como elemento decorativo, que se difundiu a partir do s XVI e que posteriormente se aplicou na arte manierista.
-
Figura decorativa, xeralmente policromada, que se coloca na parte alta do exterior da proa debaixo do bauprés. No s XVIII, ao facerse as proas máis estiradas e o bauprés máis caído, apareceron os mascaróns de proa propiamente ditos.
-
-
PERSOEIRO
Físico francés. En 1863 investigou fotograficamente a rexión ultravioleta do espectro solar. En 1874 demostrou, en colaboración de Veltman, a inexistencia do vento do espazo celestial, confirmada máis tarde por Michelson e Morley. Estudiou o magnetismo e a electricidade atmosférica e ideou un tipo de electrómetro de cuadrantes (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciouse na pintura desde cativo, en 1912 instalouse en Vilagarcía de Arousa, onde coñeceu a obra de Castelao, que marcou a súa traxectoria artística e espertou o seu interese pola importancia do debuxo como arte. Viaxou a Madrid en 1915 e introduciuse no mundo cultural da capital. De volta a Galicia colaborou en Vida Gallega, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego e xunto con Rafael Dieste e Manuel Antonio comezou a forxar a vangarda galega. Realizou retratos, viñetas e estampas que mostraban o inicio dunha nova xeración, a dos Novos ou dos Renovadores, mentres mantiña tamén relación cos membros da Xeración Nós. En 1926 recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e viaxou a París onde perfeccionou a súa técnica, empregando o gravado para a reprodución exacta e a xilografía como medio esclarecedor da forma. Coñecía e rexeitaba o academicismo e en París descubriu a vangarda europea e recibiu a influencia do eslavismo de rusos como M. Larionov ou N. Gontcharova. Percatouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dar carácter de masa a un grupo de persoas.
-
Pasar algo a ter carácter multitudinario.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na rexión de Toscana, Italia, situada ao pé dos Alpes Apuanos, a 5 km do Mar Tirreno (66.097 h [2001]). A súa economía está baseada na tradicional industria do mármore, complementada con novas industrias como a mecánica, a química e a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión de Toscana, situada en Italia (1.157 km2; 197.411 h [2001]). A capital é Massa-Carrara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas rodófitas da familia das xigartináceas. En Galicia está presente a especie M. stellatus, de cor vermella escura e consistencia xelatinosa. Teñen interese comercial e cultívanse para a obtención de carragheen. Viven no mesolitoral.
-
GALICIA
Músico e compositor. Comezou a súa carreira musical na década de 1960. Pertenceu á compañía de discos CBS, coa que editou, entre 1970-1973, O lento camiñar e Historia de un amor. Escribiu diversas cancións, das que destacan ‘Noche no estás sola’ e ‘Calle sin tiempo’.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástica. Cultivou a escultura, o gravado, a cerámica e a pintura, caracterizada polo uso de imaxes fragmentadas nun ambiente predominantemente abstracto. Destaca o traballo Earth (1998) dentro da serie Patróns xenéricos.
VER O DETALLE DO TERMO