"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Poeta, publicista e revolucionario búlgaro. Escribiu o primeiro poema revolucionario da literatura búlgara, Gorski p’tnik (O camiñante dos bosques, 1857), poema épico moi popular e de gran repercusión na literatura búlgara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ramnáceas.

    2. Planta da familia das ramnáceas.

    3. Familia de ramnais constituída por arbustos ou árbores, a miúdo con espiñas, de follas simples, alternas ou opostas, con estípulas pequenas e fugaces, de flores pouco aparentes, actinomorfas, pentámeras ou tetrámeras, xeralmente hermafroditas, de xineceo súpero e estames opostos aos pétalos, dispostas en inflorescencias cimosas, e de froitos de diversos tipos. Son propias dos países cálidos e temperados. Pertence a esta familia o sanguiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo francés. En 1923 descubriu a maneira de converter a toxina diftérica na anatoxina correspondente que, ademais de non ser tóxica, conserva o poder antixénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio moi alto e con moitos andares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. Catedrático na Universidade de Berlín (1834-1871), en 1841 converteuse no historiógrafo oficial de Prusia. Partidario da obxectividade e a minuciosidade, foi o principal historiador alemán do s XIX. Entre as súas obras destacan Geschichte der romanischen und germanischen Völker 1494-1535 (Historia dos pobos románicos e xermánicos 1494-1535, 1824); Deutsche Geschichte im Zeitalter der Reformation (Historia de Alemaña na época da Reforma, 1839-1847) e Neun Bücher preussischer Geschichte (Novos libros de historia prusiana, 1847-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ranunculáceas.

    2. Planta da familia das ranunculáceas.

    3. Familia de ranunculais constituída por plantas xeralmente herbáceas e perennes de follas alternas, sen estípulas, a miúdo divididas, de flores coloreadas, hermafroditas, xeralmente actinomorfas, poliandrias, e de xineceo súpero apocárpico, e de froitos e folículo, en núcula ou en baga. Son propias case exclusivamente do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder relixioso alemán. En 1803 emigrou a EE UU onde, tomando como modelo a primitiva sociedade apostólica, fundou xunto cos seus seguidores a colonia New Harmony (1810). Posteriormente fundou New Economy que tamén prosperou. Os seus adeptos desapareceron a comenzos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á raque.

      2. bulbo raquídeo

        Canal óseo oco que existe na columna vertebral e que contén a medula espiñal. OBS: Tamén se denomina conduto raquídeo.

    1. Eixe da espícula das poáceas que está situado enriba das glumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rarear.

    2. Eliminación de individuos para regular unha poboación cinexética que se realiza fóra da tempada de caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Traballou en París pero, chamado a Peterburgo (1716), foi protexido por Pedro I de Rusia, para quen fixo Estatua ecuestre de Pedro o Grande na praza dos Enxeñeiros e a Estatua da tsarina Anna Ivanovna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo de Bartolomeo Carlo Rastrelli. Iniciouse en París con R. de Cotte e o seu pai, e xunto con el e con Le Blond foi a Peterburgo en 1716. A Tsarina Isabel Petrovna nomeouno arquitecto da corte e en 1741 confioulle a transformación arquitectónica e urbanística da cidade con modelos italianos e franceses de inspiración renacentista e manierista. Das súas obras destacan os palacios de Verán (1741-1744), o Peterhof (1747-1752) e os palacios de Carskoje Selo (1749-1756) e de Inverno (1754-1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ratear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude de desconfianza, sospeita ou temor cara a algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten receo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparado de ingredientes con que se enche ou reenche un alimento.

    2. Calquera material con que se enche ou reenche algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade que ten como obxectivo divertir ou entreter.

    2. Tempo que teñen os alumnos para distraerse e descansar entre clases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 11 de xaneiro de 1842. Cesou o 11 de setembro de 1943. Subtitulado “Periódico literario”, saíu dúas veces ao mes dos obradoiros de Xosé Nuñez Castro. Dirixido por Antonio Neira de Mosquera, tratou temas relacionados coa historia, a xeografía, as viaxes, a poesía ou a novela, cun maior peso da literatura. Chegou a ser unha revista literaria de calidade recoñecida en toda España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por liñas rectas.

    2. Que vai en liña recta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe violento do vento producido por un cambio repentino na dirección do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de refrear ou refrearse.

    2. Aquilo que serve para refrear, conter ou minorar.

    VER O DETALLE DO TERMO