Ranke, Leopold von

Ranke, Leopold von

Historiador alemán. Catedrático na Universidade de Berlín (1834-1871), en 1841 converteuse no historiógrafo oficial de Prusia. Partidario da obxectividade e a minuciosidade, foi o principal historiador alemán do s XIX. Entre as súas obras destacan Geschichte der romanischen und germanischen Völker 1494-1535 (Historia dos pobos románicos e xermánicos 1494-1535, 1824); Deutsche Geschichte im Zeitalter der Reformation (Historia de Alemaña na época da Reforma, 1839-1847) e Neun Bücher preussischer Geschichte (Novos libros de historia prusiana, 1847-1848).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wiehe, Turinxia

  • Deceso

    Lugar : Berlín