ramnáceo -a

ramnáceo -a

(< lat científico Rhamnus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás ramnáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das ramnáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de ramnais constituída por arbustos ou árbores, a miúdo con espiñas, de follas simples, alternas ou opostas, con estípulas pequenas e fugaces, de flores pouco aparentes, actinomorfas, pentámeras ou tetrámeras, xeralmente hermafroditas, de xineceo súpero e estames opostos aos pétalos, dispostas en inflorescencias cimosas, e de froitos de diversos tipos. Son propias dos países cálidos e temperados. Pertence a esta familia o sanguiño.

Palabras veciñas

ramista | Ramla ou ar-Ramle | rammelsberxita | ramnáceo -a | ramnal | Râmnicu-Vâlcea | ramo