ramo

ramo

(< lat ramu ‘rama’)

  1. s m

    Conxunto de flores, ramas ou herbas que serven de adorno.

  2. s m

    Parte diferenciada dunha ciencia, actividade ou industria.

    Sinónimos: sector.
  3. s m

    Rama cortada dunha árbore.

  4. s m

    Conxunto de flores, ramas, froitos e outros elementos que, con finalidade votiva, é ofrecido polo ramista ao santo patrón o día da festa, quen o entrega ao vigairo entrante en sinal do traspaso de funcións.

  5. s m
    1. Conxunto de flores, ramas ou herbas que se coloca no tellado dunha casa para celebrar a finalización da construción ou o remate do tellado.

    2. Celebración do remate dunha construción.

  6. s m [ZOOL]

    ramallo.

  7. s m [RELIX]

    Ramiña de loureiro, oliveira, palma ou doutra árbore ou arbusto, que unha vez bendicida se leva á procesión do domingo de Ramos. Adóitase atar aos barrotes dos balcóns para que sirva como protección contra os malos espíritos. Coa mesma finalidade pendúranse follas nas portas e fiestras, sobre todo con ocasión da bendición. O loureiro acostuma gardarse para condimentar e bendicir o estufado, ou queimase para afastar as tempestades.

  8. ramo cativo

    Mal histérico que padecen os que cren estar posuídos polo demo ou ser vítimas dun meigallo.