"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Concello da comarca de Allariz-Maceda situado na provincia de Ourense, no SL da Comunidade Autónoma de Galicia (42° 19’ 30’’ N - 7° 37’ 40’’ O). Limita ao N con Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense) e Parada do Sil (Terra de Caldelas), ao L con Montederramo (Terra de Caldelas), ao S con Maceda (Allariz-Maceda), e ao O con Esgos (Ourense). Abrangue unha extensión de 27,6 km 2 , cunha poboación de 1.002 h (2007), distribuída nas parroquias de Niñodaguia, Os Pensos, Ramil e Xunqueira de Espadanedo. A capital está no lugar de Xunqueira de Espadanedo, na parroquia homónima. Atópase a 136 km de Santiago de Compostela e a 23 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
As terras de Xunqueira de Espadanedo están en plena transición entre as depresións do O ourensán e as montañas que ocupan o centro e L desta provincia, o que se deixa notar na neta diferenciación entre a súa metade NL e o resto do concello.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Xunqueira de Espadanedo. Fundado cara a 1170, os seus monxes acolléronse á orde do Císter. As súas dependencias, que se construíron con dúas alturas ao redor dun patio, sufriron varias reformas ao longo dos ss XVI e XVII. Ademais dos dous reloxos de sol gravados no antepeito do sobreclaustro N, destaca a fachada, con porta alintelada entre pilastras acanaladas que rematan nunha cornixa con acrótera. Na parte central sobresae o escudo da Congregación de Castela entre varias cruces pertencentes a diferentes ordes militares. A parte S da á occidental acondicionouse como casa do concello. No que respecta á igrexa, anexada ás dependencias monacais, pasou a funcionar como unha igrexa parroquial desde a exclaustración do mosteiro (1835). Presenta planta basilical de tres naves, a central de anchura dobre, e cinco tramos separados por piares cruciformes, rematadas en tres ábsidas, a central precedida por un tramo recto. A cuberta realizouse en madeira, a dúas augas no exterior....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Maceda, ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo. Realizouse en cantaría no s XIX, con rasante horizontal e cinco vans, formados por cinco arcos de medio punto. Sitúase no camiño que vai de Ourense a Ponferrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta creada para institucionalizar a organización da sanidade en Galicia e coordinar as diferentes Xuntas de Sanidade locais ou provinciais. No s XIX, ante a necesidade de fixar un lazareto que previse a entrada de epidemias como o cólera por vía marítima, apoiou a construción do mesmo na illa de San Simón, que foi inaugurado en 1842.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión de varias persoas para realizar unha determinada actividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial constituída en 1986 na Laracha. Dirixida por José Raúl Seoane Prieto, basea o seu traballo en coidadas edicións de consulta sobre a historia e a arte galegas, ademais de edicións facsímiles e traducións ao galego de obras mestras da literatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída na Habana o 20 de xuño de 1920. A súa xunta directiva estaba integrada por Andrés Orjales, primeiro conselleiro, e Fuco Gómez, segundo viceconselleiro. Ideoloxicamente caracterizábase polo seu nacionalismo de carácter radical, que chegaba ao arredismo. O seu primeiro órgano xornalístico foi a publicación Nós e en 1921 editou o xornal Tierra Gallega baixo a dirección de Fuco.
-
-
Relativo ou pertencente ás xunxermaniais.
-
Hepática da orde dos xunxermaniais.
-
Orde de hepáticas foliosas que no talo ten dúas fileiras laterais de filidios e uns gromos en que van os órganos sexuais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Xúpiter.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Xurenzás (Boborás). Ten nave única, á que se lle suman dous corpos rectangulares, e cuberta a dúas augas. Presenta decoración de oxivas e ten dous baldaquinos góticos apoiados nos muros da igrexa e da capela maior. Tamén destaca un dos capiteis interiores, de estilo bizantino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir do cristianismo oriental. Cando era oficial dunha lexión romana, atravesou unha rexión que estaba amedrentada pola presenza dun dragón que devoraba animais e homes, que eran escollidos ao chou para ese fin. Cando lle tocou á filla do rei, apareceu Xurxo e conseguiu atravesar ao dragón coa súa lanza. Repartiu a recompensa que lle outorgou o rei entre os pobres. Segundo diversos textos, apócrifos e lendarios. Iconograficamente representouse como un mozo imberbe, con armadura de guerreiro, tanto a pé como montando un cabalo branco. Como atributos, representouse cunha lanza partida, unha espada desenvaiñada, o escudo cruzado, unha bandeira branca coa cruz vermella e un dragón aos seus pés. A súa festividade celébrase o 23 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Era filla dun oleiro e, coa súa irmá, santa Rufina, dedicábase á venda de obxectos de barro. Despois de rexeitar venderlle aos pagáns e de escacharlle os ídolos, foron martirizadas por orde do prefecto Dioxeniano. A súa festa celébrase o 19 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponte Caldelas baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que xustifica.
-
Documento que xustifica algo.
-
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi torturada e decapitada por orde de Diocleciano con san Cibrán de Antioquía, que se namorara dela e que a nomeou abadesa do mosteiro que el fundara. O seu atributo é o unicornio, símbolo de castidade. Eliminouse do calendario romano tras a reforma posterior ao Concilio Vaticano II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás leis promulgadas por Xustiniano e ao contido das mesmas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Iustinianus, derivado de Iustinus, xentilicio de Iustus, que vén do adxectivo común iustus, derivado de ius ‘dereito’.
-
PERSOEIRO
Emperador bizantino (527-565), sobriño e sucesor de Xustino I. De nome Petrus Sabbatius, tivo por muller a Teodora, asociada ao trono como conselleira principal. Estivo dominado pola idea da reconstrución do Imperio Romano, e en Occidente, en longas campañas, levadas a termo sobre todo por Belisario, conquistou Numidia aos vándalos (533-548), a rexión do SL da Península Ibérica aos visigodos (550), dominou toda Italia e tomou Ravenna (535-554). Sostivo duras batallas contra os eslavos e os hunos, e puido estender o reino por Tracia e Iliria, ata o Danubio. Acadou unha importancia pola súa obra xurídica, recollida no Corpus Iuris Civilis, que marcou toda a lexislación medieval ata os tempos modernos. No eido da arte destacaron as obras construídas durante o seu mandato, como Santa Sofía de Constantinopla ou as igrexas de San Vitale e Sant’ Apollinaire in Classe en Ravenna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (685-711), fillo de Constantino IV Pogonato. Vencido nunha revolta provocada pola súa política antiaristocrática, exiliouse pero volveu coa axuda dos búlgaros (705) e comezou unha dura vinganza, que causou unha nova rebelión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Flavia Neápolis, actual Nāblus, Cisxordania 100? - Roma 165?) Apoloxista e mártir. Filósofo platónico, converteuse ao cristianismo, que intentou xustificar coas súas teorías. Abriu unha escola filosófica en Roma. A súa obra conservouse en Apoloxía Primeira, Apoloxía Segunda e o Diálogo co hebreo Trifón. Denunciado por cristián, ao negarse a destruír os deuses pagáns, foi decapitado. Iconograficamente representouse envolto no palio, ao xeito dos filósofos antigos, con parte do peito sen cubrir e como atributo unha espada, símbolo do seu martirio. A súa festividade celébrase o 1 de xuño.