Xurxo, san
Xurxo, san
Mártir do cristianismo oriental. Cando era oficial dunha lexión romana, atravesou unha rexión que estaba amedrentada pola presenza dun dragón que devoraba animais e homes, que eran escollidos ao chou para ese fin. Cando lle tocou á filla do rei, apareceu Xurxo e conseguiu atravesar ao dragón coa súa lanza. Repartiu a recompensa que lle outorgou o rei entre os pobres. Segundo diversos textos, apócrifos e lendarios. Iconograficamente representouse como un mozo imberbe, con armadura de guerreiro, tanto a pé como montando un cabalo branco. Como atributos, representouse cunha lanza partida, unha espada desenvaiñada, o escudo cruzado, unha bandeira branca coa cruz vermella e un dragón aos seus pés. A súa festividade celébrase o 23 de abril.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Nicomedia