"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Hebei, China, na rexión do Norte (371.601 h [1990]). Porto fluvial na ribeira do Iang--Tsé, ten industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parella de principios cósmicos ou qi do pensamento chinés antigo.
-
CAPITAIS
Capital do zizhiqu de Ningxia Hui, China, na rexión Noroeste (356.652 h [1990]). Está situada na ribeira do río Huang He, ao NL da Gran Muralla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de montañas da Mongolia Interior (China), situadas entre o deserto de Gobi, ao N, e a curva do Huang He, ao S, que as separa do deserto dos Ordos. Comprenden, de O a L, os montes Daqing Shan, Sheiten Ula, Wulashan e Langshan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ningbo.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Henan, China, situada na rexión Centro-sur, na ribeira do Zi Shui e ao S do lago Dongting Hu (185.818 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación nacionalista irlandesa que criticou a actitude legalista de D. O’Connell e do movemento pola abolición da unión con Inglaterra. Tiña como voceiro The Nation (fundado en 1842).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo proposto por Owen D. Young (1874-1962) e subscrito en 1929, co fin de establecer de novo as normas das reparacións de guerra que os alemáns debían pagar aos aliados, posto que non se completara no Plan Dawes. A crise económica de 1929 anulouno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira etapa do Eoceno Inferior mariño, comprendido entre o Tanetiano e o Lutetiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre de gregos fanariotas emparentada coa dinastía imperial dos Comnenos de Trebisonda despois da conquista latina de Constantinopla (1204). Destacaron Alexandros Ypsilantis (Constantinopla 1726-1805), gospodar de Valaquia (1774-1782 e 1796-1797) e de Moldavia (1786-1788); Alexandros Ypsilantis ( Kiev 1792 -Viena 1828) que dirixiu en 1820 o grupo Heteria, sociedade política xurdida con vista á liberación nacional grega, e ocupou Ia Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ i e Bucarest, coa intención de facer sublevar aos cristiáns romaneses; e Dimitros Ypsilantis (Kiev 1793-Nauplia 1832) quen en 1822 foi elixido presidente da primeira asemblea lexislativa da Grecia libre e en 1832 formou parte do goberno provisional.
-
RIOS
Río de China meridional, tributario pola esquerda do Xi Jiang, que nace na fronteira entre Yunnan e o Guangxi Zhuang.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome imperial de Khublai Khan.
-
RIOS
Río de China centroriental, no sheng de Hunan (800 km). Está formado pola unión de dous ríos Wu e Jiang, que nacen nos montes Wuling. Mantén unha dirección xeral SO-NL, e, auga abaixo de Changde, desemboca no lago Tongting.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chinés. Foi presidente imperial de Corea (1885-1894) e, unido aos reformistas (1898), traicionounos asegurando o golpe de estado reaccionario fomentado pola Emperatriz Cixi. Tras a morte dos emperadores (1908), o rexente Chun afastouno do poder, aínda que o volveu chamar en 1911. Esixiu a dimisión do rexente e a abdicación do novo emperador (1912) e obrigou aos republicanos do Guomindang a aceptalo como presidente da república. Anulou o Parlamento (1914), restableceu o réxime imperial (1915) e foi proclamado presidente imperial. Ante a insurrección xeral e a secesión das provincias do S, tivo que dimitir (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
yan min biao.
-
-
Relativo ou pertencente aos yuan.
-
Membro da dinastía sinomongólica que reinou en China desde 1276 a 1368. O primeiro emperador foi o mongol Khublai Khan. Á morte de Temür (1295-1307), coñecido tamén como Chengzong, o imperio yuan comezou a desintegrarse e en 1368 caeu Pequín, asediada polas tropas de Zhu Yuanzhang, primeiro emperador da dinastía ming.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de México, situado ao N da península de Yucatán (38.402 km2; 1.658.210 h [2002]). A capital é Mérida. Limita ao N co golfo de México, ao L co estado de Quitana Roo, ao S co estado de Campeche e ao O co golfo de México. O solo é pouco fértil e dedícase case exclusivamente ao monocultivo de henequén, planta da que deriva unha industria artesá de fabricación de cordas, esteira e tecidos. Habitado tradicionalmente polos maias, destaca o conxunto Chichén Itzá. Despois da independencia, constituíuse en estado (1824) pero separouse do réxime federal dúas veces (1840-1842 e 1846).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar entre as costas occidentais de Cuba (cabo de San Antonio e cabo de Corrientes) e a península de Yucatán (cabo Catoche). Ten 350 km e une o golfo de México (N) e o Mar Caribe (S).
-
PENÍNSULAS
Península de América Central, que separa o golfo de México do mar das Antillas (200.000 km2). Pertence case totalmente a México (estados de Yucatán, Campeche e Quitana Roo), a Belize e ao departamento guatemalteco de Petén. O clima, tropical húmido e cálido, contribuíu á formación dunha erosión cárstica en estado moi avanzado: cavorcos, covas, afundimentos e circulación subterránea. A vexetación presenta forma de manglar e nas costas e no interior hai bosques moi densos. A poboación cultiva millo e cana de azucre e explota a madeira de henequén.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Hunan, China, situada na unión do lago Dongting co río Iang-Tsé (302.800 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO