"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Friso continuo con decoración vexetal formada, fundamentalmente, por flores e palmetas. Aparecen xeralmente en antefixas e acroteras. Por extensión, aplícase a calquera decoración baseada en formas naturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Con anterioridade a un feito ou circunstancia coñecidos.
-
-
-
Anterior ao mediodía.
-
Relativo ou pertencente á mañá.
-
-
Relativo á posición dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto e físico bizantino. Recibiu o encargo de Xustiniano para dirixir as obras da basílica de Santa Sofía de Constantinopla (532-537), pero só chegou a trazar os planos. Coñecía a pólvora, construíu unha máquina de vapor e salientou no campo da óptica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano de Occidente desde o ano 467 ata a súa morte. Sendo senador foi chamado por León o Grande, Emperador de Oriente, para exercer o cargo de Emperador en Occidente, onde contaba co apoio do xeneral suevo Ricimer. Posteriormente inimizáronse, feito que levou a Ricimer a sitiar Roma e, logo de vencer a Antemio, ordenou que o executasen.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parapeto ou calquera outra defensa diante do muro principal dunha fortaleza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación colocada diante da muralla que ten función de defender.
-
-
Muro baixo de fortificación que se levanta diante do muro principal para maior defensa das murallas.
-
Porción continua de muralla entre dúas torres.
-
-
-
Apéndice cefálico articulado, propio dos artrópodos mandibulados (miriápodos, insectos e crustáceos) e dos onicóforos. Consta dunha base e dun flaxelo, onde adoita ter pilosidade abundante. Segundo a forma, a antena recibe diferentes nomes (filiforme, lameliforme, claviforme, pectinada, plumosa e capitada). Ten unha función sensitiva, xa que nela se localizan corpúsculos táctiles, gustativos, olfativos e, ás veces, auditivos.
-
-
Dispositivo utilizado nas técnicas de telecomunicación para a captación (antena receptora) ou a produción (antena transmisora) de ondas electromagnéticas. Faise circular pola antena transmisora unha corrente eléctrica que induce ao seu redor un campo eléctrico e outro magnético (onda electromagnética) que se estende polo espazo e, ata atopar unha antena receptora, á que lle induce unha corrente eléctrica similar á orixinal. A antena é, entón, un dispositivo que transfire a enerxía eléctrica do transmisor ao aire, en forma de enerxía electromagnética, e do aire ao receptor, novamente en forma de enerxía eléctrica. Os parámetros que definen unha antena son: a impedancia (relación entre a tensión aplicada e a corrente que circula), a ganancia (que é a relación entre a enerxía transmitida e a recibida) e a directividade (propiedade de transmitir ou recibir con máis ganancia nunha ou en diversas direccións). A directividade exprésase mediante o diagrama...
-
antena colectiva
Antena utilizada conxuntamente por diversos usuarios. Para poder alimentar diversos receptores, é necesario amplificar o sinal antes de distribuílo. A miúdo, os sinais recibidos por diversas antenas colectivas de radio en AM e FM, e de televisión en VHF e UHF, son mesturadas nunha mesma liña de distribución e separadas despois para alimentar os distintos aparellos.
-
antena de bolboreta
Antena cunha forma que recorda a unha bolboreta coas ás despregadas. Acostuma estar formada por dous paos perpendiculares, cada un deles en forma de dobre triángulo, unidos polos seus vértices. Utilízase principalmente como emisora en televisión.
-
antena de cadro
Antena formada por un bastidor sobre o que se enrola un condutor formando un cadro.
-
antena de núcleo de ferrita
Antena consistente en diversas espirais de fío condutor enroladas sobre un núcleo de ferrita. As propiedades da ferrita permiten concentrar as ondas radioeléctricas no núcleo, e reducir considerablemente as dimensións da antena. Emprégase en pequenos receptores de radios portátiles.
-
antena dipolo
Antena formada por dous condutores rectos, de igual longura, un a continuación do outro. Poden estar dobregados ata que os seus extremos se xunten; entón chámaselle dipolo pregado.
-
antena parabólica
Antena formada por unha superficie condutora en forma de casco paraboloide; nun dos focos desta están situados o transmisor e o receptor. Nesta antena, as ondas electromagnéticas recibidas dun punto afastado son reflectidas pola superficie parabólica e concentradas no foco. Emprégase para a transmisión ou recepción a moi altas frecuencias en radar, comunicacións vía satélite, comunicacións militares de campaña, enlaces de televisión por microondas e outras formas de comunicación.
-
antena telescópica
Antena vertical da que o condutor está formado por diversos tubos de distinto diámetro, de maneira que uns entran dentro dos outros. Así conséguese pregar a antena cando non se emprega.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de pequenas casas de cera hexagonais onde as abellas gardan o mel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla parroquial bimensual aparecida o 15 de maio de 1961 en Lugo e subtitulada “Hoja parroquial de la Diócesis de Lugo”. Incluía unha sección en galego chamada “Cousas do tío Mingos” asinada por Harman do Carrio, pseudónimo de A. Vázquez Crespo. Xunto a isto tamén unha páxina de información agrícola de X. Rof Codina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea privada de radio de cobertura e programación estatal pertencente ao mesmo grupo de Radio 80. Antena 3 englobaba as emisoras do grupo que se ocupaban da información convencional. O Grupo Prisa mercouna en xullo de 1992, e integrouna na Cadea SER e na Cadea DIAL, mantendo moitas frecuencias como Radio 80 alí onde a SER xa tiña cobertura. Parte da súa estrutura en Galicia, que pertencía ao Grupo Voz e emitía asociada a Antena 3, foi o xermolo, xunto con Radio Noroeste, de Radio Voz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea privada de televisión de ámbito estatal que comezou a emitir no ano 1990. Foi unha das tres primeiras emisoras privadas de televisión autorizadas en España. Na súa orixe pertencía ao mesmo grupo que a emisora de radio Antena 3, liderado polo grupo de La Vanguardia e o conde de Godó, e os seus contidos baseábanse nunha primacía da información sobre os outros xéneros televisivos. O fracaso empresarial desta oferta levou a un cambio do accionariado, adquirindo o Grupo Z, de Antonio Asensio, a maioría do capital social. O novo propietario confioulle ao pontevedrés Xosé Manuel Lorenzo a dirección xeral, e este promoveu a viraxe cara a unha programación onde primaba o espectáculo e o entretemento, co que conseguiu mellorar os resultados económicos e de audiencia da empresa. En 1998 Telefónica adquiriu a maioría das accións da cadea. En Galicia, como noutras comunidades autónomas, emitía un programa especial nas mañás dos sábados (Galicia a fondo), dirixido por Bieito Rubido, centrado...
-
-
Provisto de antenas.
-
mandibulado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación informal coa que se designa a un grupo de Homo erectus europeos, de cronoloxía anterior á do Home de Neandertal, do que se teñen atopado restos procedentes dos xacementos arqueolóxicos de Aragó, Atapuerca, Azych, Petralona e Vertesszöllös, entre outros. Na actualidade a comunidade científica manexa varias hipóteses para explicar a súa posición filoxenética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertence o ollo de can.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título ou palabra que se pon diante do nome dunha persoa.
-
PERSOEIRO
Escultor de estilo arcaico da Ática. Entre as súas obras o grupo escultórico dos tiranicidas Harmodio e Aristoxiton, dun estilo ático que rompe coas convencións arcaicas introducíndose nos canons do vulto redondo do estilo severo. Levadas estas esculturas de Atenas polo Rei persa Xerxes durante as Guerras Médicas, foron recuperadas trala vitoria grega. Por comparación de estilo, atribúeselle o frontón de mármore do templo dos alcmeónidas en Delfos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas antenas que teñen os crustáceos no primeiro segmento cefálico. Consta dunha base e dun flaxelo, que pode estar bifurcado. Adoita ter órganos de equilibrio e pode contribuír á formación dun tubo respiratorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten lugar inmediatamente antes do casamento.