Antemio, Procopio
Antemio, Procopio
Emperador romano de Occidente desde o ano 467 ata a súa morte. Sendo senador foi chamado por León o Grande, Emperador de Oriente, para exercer o cargo de Emperador en Occidente, onde contaba co apoio do xeneral suevo Ricimer. Posteriormente inimizáronse, feito que levou a Ricimer a sitiar Roma e, logo de vencer a Antemio, ordenou que o executasen.