Antenor

Antenor

Escultor de estilo arcaico da Ática. Entre as súas obras o grupo escultórico dos tiranicidas Harmodio e Aristoxiton, dun estilo ático que rompe coas convencións arcaicas introducíndose nos canons do vulto redondo do estilo severo. Levadas estas esculturas de Atenas polo Rei persa Xerxes durante as Guerras Médicas, foron recuperadas trala vitoria grega. Por comparación de estilo, atribúeselle o frontón de mármore do templo dos alcmeónidas en Delfos.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : V a C