"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Desdobramento de cada unha das liñas dun espectro atómico en diversas novas liñas dispostas simetricamente respecto ás iniciais, cando os átomos produtores do espectro son sometidos a un campo magnético. A separación das liñas desdobradas é proporcional á intensidade do campo magnético aplicado. Descuberto por Zeeman en 1896, significou, no caso do hidróxeno, unha confirmación da teoría clásica do átomo de Bohr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Fixo importantes investigacións sobre óptica, radiacións, propagación da luz en diversos medios e teorías das cores. As súas investigacións confirmaron plenamente a teoría da relatividade. En 1902 recibiu, xunto con Lorentz, o Premio Nobel de Física polo descubrimento do efecto que leva o seu nome (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escenógrafo e realizador cinematográfico e teatral italiano. Especializado en obras clásicas, dirixiu Romeo and Juliet (1968), Brother Sun, Sister Moon (1973), The Champs (1979), La Traviata (1982), Otello (1986), Hamlet (1990), Sparrow (1994) e Callas Forever (2002). Para televisión filmou Jesus of Nazareth (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das glándulas que están situadas no contorno libre da pálpebra, ao lado das glándulas ciliares ou de Moll, e que se presentan en número de dúas por cada folículo piloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do SO dos Países Baixos (2.932 km2; 371.866 h [2000]). A capital é Middelburg (44.668 h [1997]). Comprende o esteiro de Escalda, coas illas Walcheren, Zuid-Beveland, Noord-Beveland, Tholen e Schouwen, a península de Sint-Philipsland na rexión continental do Flandres zelandés. É un territorio chan, formado por arxilas aluviais, protexido do mar polas murallas dos diques. Os recursos económicos baséanse na agricultura e na gandaría. Aínda que Middelburg é a capital, o centro principal é Vlissingen. Habitada polos celtas, foi dominada por Roma (ss I a C- IV d C), e máis tarde, por Carlomagno. Formou parte do reino de Lotario I desde 843, e durante a Alta Idade Media foi un condado que gozou dunha certa independencia, ata que pasou á casa de Borgoña (1428). En 1579 asinou a Unión de Utrecht, que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1815 integrouse no Reino dos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zelanda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Instalado en Moscova (1921), traballou na axencia Russ-foto (1923-1947) para a que foi correspondente en Asia central. Os seus traballos publicáronse en Pravda, USSR in Constrution e Izvestia. Pioneiro do documental fotográfico moderno, cubriu as batallas de Odessa, Donbass e Moldavia, e acadou sona coas fotografías do cerco de Stalingrado (1942), que publicou en Stalingrad: July 1942-February 1943 (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Crimea 1850 - Peterburgo 1881) Revolucionario populista ruso. Foi un dos dirixentes do partido populista Narodnaja Vol’a (Vontade do Pobo) e o organizador dos atentados contra o Tsar Alexandre II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor checo. Coñecido como Ivan Olbracht, escribiu narracións como O zlých samotářích (Cativos solitarios, 1913), e numerosas novelas, como Žalář nejtemnější’ (A prisión máis escura, 1916) e Nikola Šuhaj loupežník (O bandido Nikola Suhaj, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Alumno de J. N. Fuchs, foi director de numerosas orquestras e difundiu as obras da escola de Viena. Das súas obras cómpre destacar Lyrische Symphonie (1922), a ópera Eine florentinische Tragödie (1916), catro cuartetos de corda (1898-1936) e 6 Gesänge (1915) para voz e orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xornalista e poeta cubano. Loitador pola independencia do seu país, colaborou en diversas publicacións e tivo que fuxir diversas veces aos EE UU. Encarcerado polos españois, foi fusilado. Ademais do seu traballo xornalístico, deixou diversos textos en prosa e moitos poéticos, como Cantos de la tarde (1860) e En días de esclavitud (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor alemán. Conde de Zeppelin, estudou na Academia Militar de Ludwigsburg e na Universidade de Tubinga. Unha vez que abandonou a carreira militar (1890), interesouse polo voo dos globos aerostáticos, e dedicouse ao deseño e á construción de dirixibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Asia central (877 km de lonxitude). Nace no glaciar homónimo, en Taxikistán, na fronteira con Kirguizistán, a uns 2.800 m de altitude. Despois de Pendzikent, penetra en Uzbekistán e pérdese na chaira sen chegar a Amudarja. As súas augas son aproveitadas para o regadío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte e editor. Naturalizado francés, contribuíu á valoración da arte das civilizacións non occidentais e dos períodos arcaicos e a súa asimilación polas correntes vangardistas da primeira metade do século. Fundou Cahiers d’Art (1926-1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro tianshi (patriarca) do taoísmo relixioso. Consideraba a saúde do corpo como unha consecuencia da purificación da ánima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral chinés. Xefe de bandoleiros, loitou ao lado dos xaponeses, que o axudaron a converterse en tukiun (xeneral gobernador) de Manchuria á morte de Yuan Shikai (1916), coa condición de que lles permitise a colonización económica e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei, China, na rexión do Norte (529.136 h [1990]). Situada nas proximidades do altiplano mongol, é un centro mongol establecido nun lugar de paso da Gran Muralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Fujian, China, na rexión do Leste (181.424 h [1990]). Situada á ribeira do río Jiulong, moi preto da desembocadura, é o centro comercial dunha rica rexión agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, na rexión do Centro-sur (400.997 h [1990]). Situada na ribeira occidental da península de Leizhou, é un porto na badía de Guangzhou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés. Afiliouse ao Partido Comunista Chinés en 1938 e,   instaurada a República Popular de China (1949), ocupou   diversos cargos no partido (1950-1967). Desterrado durante a Revolución Cultural, foi nomeado primeiro secretario do partido en 1974. Ocupou a presidencia do Comité Revolucionario (1975-1980) e en 1980 sucedeu a Hua Goufeng como primeiro ministro, e en 1987 a Hu Yaobang como secretario xeral. Foi un dos motores das reformas internas e da apertura de China aos estados occidentais. Foi apartado dos seus cargos despois das manifestacións de estudantes da praza de Tian’anmen de Pequín en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO