"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, na rexión do Leste (100.000 km 2; 46.770.000 h [2000]). A capital é Hangzhou. Territorio costeiro no mar da China Oriental, esténdese ao S do delta do Iang-Tsé. É unha rexión montañosa accidentada por diversas serras que non superan os 2.000 m e regada polo Fuchun. Só ao N é chá, xa que forma parte da chaira aluvial do Iang-Tsé. Cultívase arroz, algodón, soia e té. Ten minas de carbón e salinas e industrias téxtiles, do papel e do calzado.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangsu, China, na rexión do Leste, que constitúe un xian autónomo (368.316 h [1990]). Situada na ribeira esquerda do Iang-Tsé, é un núcleo industrial e porto fluvial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Seita da Palabra Verdadeira do budismo chinés da época Tang. Promovida polo indio Vajrabodhi, foi un reflexo tardío do budismo indio na súa forma tántrica (Vajrayāna), transformado polos ideais éticos chineses. Pasou a Xapón co nome de Shingon.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Guangdong, China, situada ao S do delta do Xi Jiang (156.317 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estación arqueolóxica chinesa situada uns 42 km ao SO de Pequín, pertencente ao Paleolítico Inferior. Atopáronse fósiles do Sinanthropus pekinensi e unha industria lítica emparentada cunha cultura pebble evolucionada.
-
PERSOEIRO
Pintor chinés. Pertenceu á que se coñece como escola independente. Especializouse en pintura animalística e en paisaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador chinés (1368-1398), fundador da dinastía ming. Príncipe de Wu (1364), conquistou Pequín (1368) e proclamouse emperador. Estableceuse en Nanquín, restaurou a orde tradicional e conquistou Manchuria e Mongolia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos zhuang.
-
Individuo do pobo zhuang.
-
Grupo étnico da familia tai que habita ao SL de China, sobre todo na rexión autónoma de Guangxi Zhuang (90% da poboación) e en áreas autónomas dentro das provincias de Yunnan e Guangdong. Viven do cultivo de arroz, son animistas e veneran os espíritos dos antepasados. Constitúen a minoría máis numerosa de China.
-
Lingua tai-kadai do phylum áustrico que fala o pobo zhuang.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo chinés. Primeiro pensador histórico do taoísmo, propuxo unha sabedoría baseada na connaturalidade: a verdadeira virtude, incompatible con calquera esforzo artificioso e voluntario, é unha espontaneidade debida a unha perfecta identificación coa natureza das cousas e co tao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor estadounidense. Coñecido como Bob Dylan, é un dos cantantes que máis influíron na música moderna. A súa produción discográfica deu orixe á denominada pop-music, aínda que co tempo se inclinou polo rock-folk e pola súa participación nos movementos de dereitos civís. Dos seus traballos cómpre destacar Bringing it all Back Home (1965), Highway 61 Revisited (1965) e Blonde on Blonde (1966), que influíron no movemento beat; ademais de Nashville Skyline (1969), en que incorporou elementos da música country; Blood on the Tracks (1975), Time Out of Mind (1997) e Love and Theft (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Das súas pezas musicais destacan o ballet Kontraste (1953), a ópera Die Soldaten (1958-1960) e Photoptosis (1969), para grande orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estucador e arquitecto alemán. Como estucador traballou en Füssen (1698) e Landsberg (1716). Como arquitecto construíu a Liebfrauenkirche de Günzburg (1736-1941) e a igrexa de Wies (1745-54), considerada a súa obra mestra, unha combinación de estruturas arquitectónicas con decoracións da tradición artesá do rococó.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Telegrama enviado polo ministro alemán de Asuntos Estranxeiros Arthur Zimmermann (1864-1940) ao embaixador alemán en México, o 19 de xaneiro de 1917, no que se propuña unha alianza xermano-mexicana e ofrecía a aceptación alemá a unha futura ocupación mexicana de Novo México, Texas e Arizona. Foi interceptado polos británicos e comunicado ao presidente estadounidense Wilson. Este incidente diplomático deteriorou as relacións de EE UU con Alemaña.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Formado no conservatorio de Nápoles, destacou como autor de cantatas e de óperas, como Montesuma (1781) e Giulletta e Romeo (1796). Escribiu máis de 500 obras relixiosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi un dos iniciadores do movemento neorrealista con filmes como The Men (1950), Teresa (1951), High Noon (1952), From Here to the Eternity (1953; Oscar ao mellor filme e á mellor dirección), Oklahoma (1955), A Man of all Seasons (1956; Oscar ao mellor filme e á mellor dirección), Julia (1977) e Five Days on Summer (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 845) Músico árabe. Adscrito á corte abbásida de Bagdad, foi chamado pola súa fama á corte cordobesa en tempos de ‘Abd al-Rahman II, que foi o seu mecenas. Creador da música andalusí, engadiu unha quinta corda ao laúde.
-
PERSOEIRO
Nadadora rusa naturalizada española (1999). Entre as súas numerosas vitorias destacan as tres medallas de ouro (50, 100 e 200 m costas) no Campionato de Europa de Helsinqui 2000, a medalla de bronce (100 m costas) nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000; a medalla de ouro (50 m costas) e prata (200 m costas) no Campionato de Europa de Berlín 2002; a medalla de ouro en 50 m costas no Campionato do Mundo de Barcelona 2003; e as medallas de prata (50 m costas) e bronce (100 m costas) no Campionato de Europa de Madrid 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos zoantarios.
-
Cnidario da orde dos zoantarios.
-
Orde de cnidarios, da clase dos antozoos, con simetría hexámera. Poden aparecer formas solitarias ou coloniais sen ou con esqueleto calcario ou córneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que zoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transtorno mental en que o enfermo pensa que está posuído ou convertido nun animal.