"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  •   (Viena 28.11.1881 - Pe­trópolis, Rio de Janeiro 22.2.1942) Escritor. De orixe xudía, emigrou a Inglaterra (1930) e despois a EE UU e Brasil, onde se suicidou. A súa obra dramática e lírica leva a marca do expresionismo e do simbolismo da escola de Viena. Revelouse como mestre da arte novelística e biográfica e destacou sobre todo na análise dos estados de ánimo do home moderno, como en Drei Meister: Balzac, Dickens, Dostojevski (Tres mestres: Balzac, Dickens, Dostojevskij, 1920) e Der Kampf mit dem Dämon: Hölderlin, Kleist, Nietzsche (A loita contra o dominio: Hölderlin, Kleist, Nietzsche, 1925). Tamén escribiu poesía, narracións, como Schachnovelle (Novela de xadrez, 1943) e teatro, ademais dunha autobiografía, Die Welt von Gestern (O mundo de onte, 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emirato da Unión dos Emiratos Árabes (250 km2; 118.812 h [1995]). Está formado pola capital e o porto de ‘A ǧ mān (3.700 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emir do Al-Andalus no ano 733. Combateu contra os hispanos e os vascóns e foi destituído no 734. No 741 volveu ser nomeado, tivo que facer fronte a unha rebelión dos bérberes; solicitou axuda a Bal ǧ ibn Bišr al-Qušayrī quen o destituíu e executou despois da vitoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor árabe, fundador da seita qādiriyya. Autor dunha colección de sermonarios e libros piadosos. Os musulmáns venérano como santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor exipcio. Autor de novelas sociais como Al-Ard (A terra, 1954) e Muammad rasūl al-hurriyya (Mahoma, apóstolo da liberdade, 1962), obra que desencadeou un grande escándalo político-relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor exipcio. Profesor de Filosofía, tradutor de Cervantes, crítico literario e introdutor do Existencialismo en Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro Emir independente do Al-Andalus. Fillo de Mu’āwiya ibn Hišām e considerado único supervivente da matanza que Abū-l-Abbās fixo cos omeias de Damasco. Derrotou a Yūsuf al-Fihrī preto de Córdoba (756) e proclamouse Emir independente (773). Fixo fronte a unha situación inestable no interior e no exterior. Co obxecto de harmonizar o mosaico de pobos que habitaban o Al-Andalus implantou unha política de tolerancia pero, así e todo, tivo que reprimir con dureza numerosas revoltas. Iniciou a construción da mesquita de Córdoba (786).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán alauita de Marrocos (1822-1859), sucedeu a Sulaymān I e antecedeu a Mu ḥ ammad ibn ‘Abd al-Ra ḥ man. En 1828 tivo que facer fronte ao ataque austríaco contra os portos do reino de Marrocos por consecuencia do seu apoio á piratería. Logo, en 1844 e 1845, enfrontouse a Francia por causa do seu apoio a ‘Abd al-Qādir al- Ḥ a ӯӯ , Emir de Alxeria que se refuxiou en Marrocos logo da ocupación dese Emirato polos franceses. Non obstante , malia estes conflitos, asinou diferentes tratados comerciais con Francia e Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valí (gobernador) muladita de Mérida. Protagonista de numerosas revoltas fronte ao Emir Mu ḥ ammad I, refuxiouse na corte de Afonso III. Volveu ao Al-Andalus no 884.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Imán de Tāhert. De orixe persa, foi Gobernador de Qayrawān durante a ocupación dos bérberes (758). Expulsado polo exército califal, no 761 fundou a cidade de Tāhert, dende a que consolidou un reino independente de Bagdad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Andalus no 721 e do 730 ao 732. Efectuou unha expedición a Aquitania para reprimir a rebelión do bérber Munusa e tomar Bordeos. Derrotado e executado por Carlos Martell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emir do Al-Andalus (822-852). Sucesor do seu pai al- Ḥ akam I, presidiu unha época de reorganización e centralización do Emirato. Tivo que facer fronte a diversas revoltas como a de al-Balansī, as disputas das tribos árabes no país de Tudmir, que o induciron a derribar a capital Orihuela e a construír Murcia (825-831), a rebelión de Mérida (829) e a de Toledo (830). Derrotou os normandos en Tablada (844). Cara ao final do seu reinado acadou especial gravidade o problema dos mozárabes de Toledo e, sobre todo, os de Córdoba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Califa de Córdoba. Neto e sucesor (912) do Emir ‘Abd Allāh, levou o Al-Andalus ao seu máximo esplendor. Sucesivamente, puxo termo á rebelión da aristocracia andaluza (928), á autonomía do Principado de Sevilla e do territorio de Badajoz (930), e á revolta de Toledo (933). A vitoria de Valdejunqueras (920) sobre Ordoño II e o saqueo de Pamplona (Iruña), a pesar do fracaso de Simancas (929) fronte a Ramiro II, conducírono a unha hexemonía peninsular indiscutida. Proclamado Califa (929), desfíxose dos últimos vencellos con Bagdad. Fixo do Califato de Córdoba unha potencia marítima co seu centro en Almería. No seu reinado, Córdoba chegou a ser a principal cidade de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Califa omeia de Córdoba. Bisneto de ‘Abd al-Rahmān III, foi proclamado Califa en Xátiva. Morreu derrotado en Granada por Ḥ ayrān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de València (1021 ou 1026-1061). Fillo de Sançol e neto de Almanzor. Algúns xefes amiritas de València proclamárono Rei en Xátiva; outros non o aceptaron e foi desterrado de València. No ano 1038, aproveitando a morte do liberto Zuhayr, Rei de Almería e de Murcia, alegou dereitos sobre os seus bens, debido a que fora o seu escravo, e apoderouse do reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador de Granada (? 1145) e de València. Foi nomeado polo seu pai Mu ḥ ammad ibn Gānīya herdeiro do Goberno de Mallorca. Morreu asasinado polo seu irmán Is ḥ aq ibn Gānīya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador da dinastía musulmá bahmanita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico exipcio. Debido a unha intensa polémica que sostivo co seu colega Abū-I- Ḥ asan al-Mu ẖ tār ibn Butlān foi posible estudar o estado da medicina do seu tempo. Foi coñecido en Occidente polo nome de Haly Rodoam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Xordania e do liwās de Al-Ā ṣ ima, sita no N do país, á beira do Zerga, no límite occidental do altiplano de Arabia, que a separa da depresión do mar Morto (963.490 h [1994]). Foi escollida como capital pola súa situación no ano 1946, ao alcanzar a independencia respecto de Gran Bretaña. É o principal centro administrativo, industrial e comercial de Xordania. Ten universidade e aeroporto. Foi a antiga Rabbath Ammon, capital dos amonitas, e a Filadelfia dos gregos (s III a C). Cabe destacar o teatro romano (s II) e a cidadela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor samaritano. Escribiu en arameo samaritano diversas oracións litúrxicas que constitúen a maior parte do Durran (Restra de perlas) e unha das partes do Defter, o principal libro litúrxico dos samaritanos.

    VER O DETALLE DO TERMO