‘Ammān
‘Ammān
Capital de Xordania e do liwās de Al-Ā ṣ ima, sita no N do país, á beira do Zerga, no límite occidental do altiplano de Arabia, que a separa da depresión do mar Morto (963.490 h [1994]). Foi escollida como capital pola súa situación no ano 1946, ao alcanzar a independencia respecto de Gran Bretaña. É o principal centro administrativo, industrial e comercial de Xordania. Ten universidade e aeroporto. Foi a antiga Rabbath Ammon, capital dos amonitas, e a Filadelfia dos gregos (s III a C). Cabe destacar o teatro romano (s II) e a cidadela.