"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Posidón e Xea. Xigante de altura excepcional que anovaba as forzas cada vez que tocaba a súa nai, a Terra. Obrigaba a todos os estranxeiros que pasasen por Libia, os seus dominios, a loitar con el; Heracles, que loitou con el na súa viaxe ao Hiperbóreo, asfixiouno entre as súas mans logo de levantalo no aire para evitar que tocase terra.
-
-
Calquera cousa empregada para tapar os ollos e impedir a visión.
-
Cada unha das pezas, xeralmente de coiro, que levan as guarnicións das cabalerias para taparlle os ollos lateralmente e conseguir que só poidan ver cara a adiante.
-
-
-
-
Sistema de dúas lentes fixas nunha armazón especial que se apoia no nariz e nas orellas e que se emprega para ver mellor ou para corrixir defectos visuais.
-
Aparellos que xa en 1482 se fabricaban en Nuremberg, pero os anteollos dos s XVII e XVIII eran pouco máis ca unhas simples lentes de aumento, malia os traballos de Kepler, Huygens Hooke e Newton aplicados aos telescopios. No século XIX perfeccionáronse notablemente polo labor de Young, Airy, Donders e Helmholt. Hoxe en día os sistemas de anteollos acadaron unha gran diversidade segundo o tipo de lentes que empregan e o defecto visual que tratan de corrixir, como por exemplo os anteollos bifocais, que presentan dous tipos de lentes, unha para ver de lonxe e outra, máis abaixo, que se usa para ler, etc; ademais disto, a preocupación pola estética e o consumismo permite aos fabricantes sacar ao mercado a cada pouco novos modelos de soportes. En moitos casos substitúense por lentes de contacto. Os principais defectos da visión e tipo de lentes que se empregan son: miopía, en que non se columbran os obxectos afastados, para a que se usan lentes cóncavas ou “negativas”...
-
-
Instrumento óptico formado por dous tubos e un xogo ou máis de lentes en cada un deles que amplía as imaxes e serve para ver ao lonxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ornamentación superposta a xambas e arquitrabes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio situado entre o corredor e un palco do teatro.
-
-
Moble con pezas articuladas que serve de separación nun cuarto.
-
Tabique, xeralmente de madeira, empregado para facer as divisións nun navío.
-
-
-
Na familia, aquel que viviu nun tempo anterior ao momento tomado como referencia.
-
Nunha evolución, etapa primixenia ou primeira.
-
-
-
Muro protector que se adoita poñer nos lados de plataformas altas, como as dos balcóns e pontes, para evitar caídas ou poder asomarse sen perigo.
-
Parte inferior e horizontal dunha fiestra onde se apoia quen se asome para ver o exterior.
-
Superficie exterior ou derramo do muro dun van.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inmediatamente anterior ao penúltimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura literaria baseada na repetición dun mesmo verso ou dunha mesma fórmula ao comezo e ao final dunha estrofa ou dun período.
-
-
Poñer antes ou diante.
-
Prefirir ou dar máis importancia a unha cousa cá outra.
-
Outorgar prioridade ou preferencia dunha cousa sobre outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
antepoñer.
-
-
Acción e efecto de antepoñer.
-
Desprazamento dun órgano cara a adiante, especialmente do útero.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
antepoñer e antepor.
-
-
Estudio ou traballo preliminar gráfico, técnico, xurídico, económico, etc, que serve de base á redacción definitiva dun proxecto, dunha normativa, dunha lei, etc.
-
Proposta provisional que eleva un ministro ou conselleiro ao consello de ministros ou consello do goberno autónomo co fin de proceder á redacción definitiva dun proxecto de lei e a súa presentación ao parlamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatuto de Galicia.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Málaga, Andalucía, na depresión intrabética (40.181 h [1996]). Centro comercial e agrícola na estrada de Córdoba a Málaga, produce cultivos mediterráneos e de horta. Gandería, apicultura e sericultura. Industria agropecuaria (refinerías de aceite, fariñeiras). Canteiras de mármore, xeso e cal. Monumentos megalíticos datados no 2000 a C. Restos romanos (Antiquaria). Conserva unha boa parte do recinto musulmán (s XIII). Formou parte do Reino de Granada ata que foi conquistada polos casteláns en setembro de 1410. Igrexas do s XVI (Santa María la Mayor, San Sebastián e a Trinidad) e barrocas (San Isidro, as Agustinas de la Madre de Dios e os Remedios). Parque natural do Torcal de Antequera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Administrador hispanoamericano. Foi oídor da Audiencia de Panamá e protector de indios na Audiencia de Charcas. En 1721 enviárono a Paraguai para resolver as diferencias entre os crioulos e o gobernador de Asunción, Diego de los Reyes Balsameda. Adheriuse ás posicións dos crioulos e destituíu o gobernador; así mesmo, apoiado polo cabido ocupou el mesmo o cargo de gobernador. En 1723, o conflito rematou en tensións bélicas que levaron á invasión das misións dos xesuítas e á derrota dos guaranís. Malia que o vicerrei ordenou a reposición de Reyes en Asunción, Antequera logrou resistir ata 1725, cando entrou nesa cidade Bruno de Zabala, que procedía de Bos Aires. Procurou a súa defensa perante a Audiencia de Charcas, sen embargo, foi detido e enviado a Lima, onde foi condeado a morte. Morreu no transcurso dun motín popular que se produciu en Lima no momento en que ía ser axustizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘florido’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte superior do estame, onde se forma o pole. Representa un conxunto de esporanxios (microesporanxios) reunidos, os sacos polínicos, habitualmente catro, agrupados en dúas tecas, unidas entre si e co filamento por unha conexión.