Anteo

Anteo

(< gr:Ảνταῐο ς)

Fillo de Posidón e Xea. Xigante de altura excepcional que anovaba as forzas cada vez que tocaba a súa nai, a Terra. Obrigaba a todos os estranxeiros que pasasen por Libia, os seus dominios, a loitar con el; Heracles, que loitou con el na súa viaxe ao Hiperbóreo, asfixiouno entre as súas mans logo de levantalo no aire para evitar que tocase terra.

Palabras veciñas

Antenor | anténula | antenupcial | Anteo | anteolleira | anteollos | antepagmento