"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen procrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir os homes ou os animais novos individuos da súa especie por medio da reprodución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en 1994 por Miguel Borines Fernández e Eduardo A. Rodríguez Cunha. Representaron Macbett (1994), de E. Ionesco, Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), espectáculo de marionetas, e Sempre Ubú (1996), de J. Jarry.
-
-
Cazar ratos un animal.
-
Roubar cousas de pouco valor e disimuladamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribuír unha cousa proporcionadamente.
-
PERSOEIRO
Historiadora da arte estadounidense. Estudou a arte española do Renacemento e o Barroco e a escultura moderna estadounidense. Conservadora de escultura de The Hispanic Society of America de Nova York, catalogou e publicou os seus fondos. Foi académica correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972) e da Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Escribiu Gregorio Fernández (1920), Escultura castellana, Del gótico al Renacimiento (1951), e Juan Martínez Montañés (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste en antropomorfizar a realidade ao atribuír a cousas inanimadas, incorpóreas ou abstractas, accións e calidades propias do ser animado e corpóreo, ou as do home ao irracional, ou ben en poñer palabras en boca de persoas verdadeiras ou finxidas, vivas ou mortas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fluxo, polo membro viril e fóra da exaculación, dun líquido mucoso, que se observa na prostatite crónica.
-
-
Relativo ou pertencente ás proteáceas.
-
Planta da familia das proteáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos, da orde das proteais, con follas simples e duras,hermafroditas ou unisexuais, e froito disposto en drupa.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás proteais.
-
Planta da orde das proteais.
-
Orde de dicotiledóneas monoclamídeas, que inclúe plantas leñosas, de follas xeralmente alternas, coriáceas, simples ou compostas; flores de cores vivas, actinomorfas ou cigomorfas, tetrámeras, de periantio simple e con ovario súpero, dispostas a miúdo en inflorescencias en capítulo ou piña, e de froitos en folículo capsuliforme, en drupa ou en aquenio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrolase que cataliza a abertura do enlace peptídico e que actúa como fermento dixestivo nos intestinos. Clasifícanse en exopeptidases (ou propiamente peptidases), cando hidrolizan a partir dun extremo da cadea peptídica; e endopeptidases (ou proteinases), cando hidrolizan en lugares determinados do medio da cadea polipeptídica.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Creou os Ateliers Jean Prouvé para o estudo dos elementos metálicos industrializables aplicables á construción (1931) e instalou un muro cortina na estación Citroën de la Porte de la Villette (1925). Membro da Union des Artistes Modernes (1934), creou o mobiliario para a nova Cidade Universitaria de Nancy (1933), colaborou na construción da Maison du Peuple de Clichy e no edificio do club Roland Garros no aeroporto de Buc. Foi enxeñeiro asesor no aeroporto de Orly e na torre Nobel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. Iniciou a súa actividade literaria en Berlín e cultivou a lingua alemá. Ao seu regreso a Polonia (1898) dirixiu a revista Zycie, onde expuxo as súas teorías sobre a arte pura, traduciu ao polaco as súas obras en alemán e escribiu, en polaco, dramas como Dlaszcześcia (Pola felicidade, 1900), novelas, como Matka (A nai, 1902) e outras obras teóricas e biográficas, como Moiwspóécześni (Os meus contemporáneos, 1929-1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ptialismo.
-
PERSOEIRO
Miniaturista francés. Asimilou os primeiros intentos da pintura toscana sobre perspectiva e os efectos da luz e da sombra. Foi autor, entre outras obras, do Bréviaire (1323-1326), da Bible (1325) de Robert Billyng e dun Livre d’heures de Jeanne d’Évreux (1325-1328).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral polaco. Organizador da Confederación de Bar, distinguiuse na defensa de Berdičev (1768) e Częstochowa (1770-1771) contra os rusos. Acusado falsamente de intentar raptar e asasinar a Estanislau II de Polonia, exiliouse en París e despois en EE UU (1776), onde combateu ao lado de G. Washington na Guerra de Independencia. Morreu na Batalla de Savannah e considerouse heroe nacional en EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado no fondo da baía de Cádiz (35.783 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos de cereais, remolacha, oliveiras e hortalizas, e nos talleres de construción naval e salinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e actor teatral e cinematográfico. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, como actor cinematográfico destacan as súas interpretacións en Mi general (1986); Pasión Lejana (1987); Un paraguas para tres (1992), Todos los hombres sois iguales (1994), El amor perjudica seriamente la salud (1996), Airbag (1997), Amnesia (2002) e Inconscientes (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Probar unha persoa con outra, agarrada mutuamente unha das mans e postos os cóbados enriba dunha superficie firme, quen delas ten máis forza no pulso e logra deitar o brazo do contrincante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motor aeronáutico de propulsión por reacción de tipo atmosférico no que a combustión ten lugar dunha maneira intermitente a unha frecuencia duns 200 a 300 ciclos por segundo.