Prouvé, Jean

Prouvé, Jean

Arquitecto francés. Creou os Ateliers Jean Prouvé para o estudo dos elementos metálicos industrializables aplicables á construción (1931) e instalou un muro cortina na estación Citroën de la Porte de la Villette (1925). Membro da Union des Artistes Modernes (1934), creou o mobiliario para a nova Cidade Universitaria de Nancy (1933), colaborou na construción da Maison du Peuple de Clichy e no edificio do club Roland Garros no aeroporto de Buc. Foi enxeñeiro asesor no aeroporto de Orly e na torre Nobel.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nancy

  • Deceso