"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de imaxe e promoción turística de Galicia. Empresa cun capital maioritariamente público dependente da Xunta de Galicia, ten como obxectivo a promoción turística de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de turxescente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre Italia e Menelik II de Etiopia en Ucialli (Etiopia), o 2 de maio de 1889. Nel recoñecíase a ocupación italiana de Eritrea e o protectorado italiano sobre Etiopia. As diverxencias sobre o seu alcance provocaron a Primeira Guerra Italo-etíope (1894-1896).
-
PERSOEIRO
Raíña de Suecia (1718-1720), filla de Carlos XI de Suecia. Casou (1715) co landgrave Federico de Hessen-Kassel, que foi proclamado soberano (Federico I de Suecia) pola aristocracia á morte do seu cuñado Carlos XII, despois de que ela abdicara.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á onza.
-
-
Aplícase ao tipo de letras propias da escritura uncial.
-
escritura uncial
Escritura latina e grega que se caracteriza polas formas arredondadas dalgunhas letras, de módulo grande e de perfís contrastados. Xurdiu do esforzo consciente de reducir na caligrafía algunhas formas cursivas da capital romana nun estado menos evolucionado, sen ter en conta a cursivización que produciu a semiuncial. Aínda que as formas preunciais apareceron nos ss II e III, o tipo perfecto non foi fixado ata o s IV. A transcrición da Biblia e doutros textos cristiáns deulle gran difusión, pero a partir do s VIII competiu con escrituras máis correntes, como as nacionais e as precarolinxias.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido que xurdiu en 1966 da escisión da Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA) como un organismo armado destinado á loita contra o colonialismo portugués en Angola. Despois da independencia do país, pasou a facer oposición armada ao Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA). Liderado por Jonas Malheiro Savimbi, á súa morte (2002) abandonou a loita armada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional que agrupa asociacións de investigación e estudos bromatolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
UEFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político bávaro, fundado en 1945 e vinculado desde 1949 á Christilich-Demockrastische Union (CDU) da República Federal de Alemaña. Integrado por católicos e protestantes, inspirouse en principios democráticos e sociais e defendeu sempre o federalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política xurdida en 1932 en Santiago de Compostela ao redor de Xoán Xesús González (secretario xeral), Anxo Valcárcel (secretario de organización) e Ramón Güimil (presidente), a partir da escisión dun grupo do PSOE. Cun ideario galeguista e socialista, dispoñía dunha notable influencia social na comarca de Santiago, apoiada nunha forte infraestrutura organizativa a través da Federación Comarcal Agraria (1932-1933). Despois dos malos resultados nas eleccións de novembro de 1933, ingresou en Izquierda Republicana. En 1936, tras o triunfo do Frente Popular, produciuse un intento de recomposición, sen éxito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concorrencia de dúas ou máis voces, sons ou instrumentos ao unísono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Universidade privada con orixe común á de Salamanca. A boa relación entre a igrexa e a Universidad de Salamanca sufriu profundos cambios cos gobernos liberais de España no s XIX que excluíron da universidade as facultades de Teoloxía e Dereito Canónico, pero en 1940 Pío XII, a petición do episcopado español, restaurou estas dúas facultades na que se chamou Universidad Pontificia de Salamanca. A Universidad Pontificia considérase así herdeira tamén da primeira universidade salmantina, real e pontificia á vez. Conta con dous campus universitarios, un en Salamanca e outro en Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de goberno dos realistas revoltos contra o réxime constitucional, instituído en Urgell en 1822 polo arcebispo de Tarragona Jaume Creus, Bernardo Mozo de Rosales, marqués de Mataflorida e por Joaquín de Ibáñez-Cuevas, barón de Eroles. Proclamaban a volta ao absolutismo, pero o desacordo doutrinal e a falta de apoio de Francia e do Congreso de Verona, así como o triunfo da campaña constitucional de Espoz y Mina en Catalunya, provocaron a súa disolución.
-
-
-
Calidade de urxente.
-
Asunto que require ser atendido inmediatamente.
-
Obriga de practicar rapidamente unha dilixencia nun trámite procesual ou administrativo.
-
procedemento de urxencia
Procedemento parlamentario excepcional con vista a acelerar a elaboración e a aprobación dun proxecto de lei ou dunha proposición de lei.
-
-
-
Doenza ou traumatismo, xeralmente de carácter grave, que require a aplicación inmediata e ineludible dun tratamento adecuado.
-
Conxunto de instalacións dun hospital especialmente concibidas e destinadas ao tratamento das urxencias. OBS: Tamén recibe o nome de servizo de urxencias.
-
-
-
-
Condición ou estado do que está vacante.
-
Período durante o que queda vacante un cargo, un emprego ou unha praza.
-
-
-
Feito de non estar ocupado en nada, sobre todo por falta de vontade.
-
Falta de interese ou vontade para realizar un traballo ou actividade que requira esforzo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis García de Valdeavellano Arcimis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número que expresa a capacidade de combinación dun elemento químico con outros elementos. Está medido polo número de átomos de hidróxeno que se combinan cun átomo dese elemento. Ao hidróxeno atribúese a unidade.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Carabobo, Venezuela (742.145 h [2001]). Situada nunha chaira, a uns 5 km ao O do lago do mesmo nome, posúe industrias metalúrxicas, petroquímicas, da pel e do calzado.
VER O DETALLE DO TERMO