"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Aglutinación sanguínea dos eritrocitos polas aglutininas doutro individuo da mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de anticorpos con antíxenos doutros individuos da mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que propugna a non-intervención dun país en asuntos internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao isolacionismo.

    2. Partidario do isolacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de isomerizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo da diocese Ossonobense en Lusitania. No Concilio de Zaragoza de 380, acusou a Prisciliano polas súas prácticas e foi o encargado de levar a cabo os editos acordados. Apoiou os ataques dos bispos Magno e Rufo contra a doutrina de Prisciliano no Sínodo de Burdeos (384), e conseguiu a súa condena a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de repetir ou repetirse.

    2. Execución dunha serie de instrucións dun programa para un valor do parámetro, que será repetida sucesivamente ata que este valor non chegue a un valor que permita entrar nun proceso lóxico e saír, así, desta serie de repeticións.

    3. Proceso de aproximación que permite chegar a un resultado suficientemente bo nun cálculo, repetíndoo con datos cada vez máis aproximados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecedor do folclore do seu país, escribiu en éuscaro unha historia das danzas de Gipuzkoa (1824), titulada Guipuzcoaco dantza gogoangarrien condaira edo historia: beren soñu zar, eta itz-neurtu edo bersoakin baita berac ongui dantzatzeco iracaste edo instruczioac ere, e outra sobre a provincia, publicada postumamente (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    (t2 - a’2)  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tisiólogo. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou a maior parte da súa vida profesional en Venezuela, onde se exiliou por mor da Guerra Civil. Escribiu diversos artigos para revistas de divulgación científica relacionados coa tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación privada vinculada ao concello de Barcelona, creada por Joan Miró en 1971. O edificio que a acolle, obra de Josep Lluís Sert, está situado no Parc de Montjuïc e abriuse ao público en xuño de 1975. Dedícase ao estudo e difusión da obra de Miró e á promoción da arte contemporánea de vangarda. O pintor dotouna cunha colección integrada por pinturas, esculturas, practicamente a colección completa da súa obra gráfica, e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado e organizado anualmente por Caixanova, dirixido a aqueles xornalistas e autores que publican artigos na prensa española. O primeiro galardoado foi Gonzalo Fernández de la Mora, cun artigo titulado “El prosista puro”, publicado no diario madrileño ABC o 28 de xullo de 1980. En cada convocatoria adoitan outorgarse, amais dos premios oficiais, algún accésit ás mellores reportaxes e premios especiais do xurado. Entre os autores premiados figuran escritores e xornalistas como Isaac Otero, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, J. L. Martín Descalzo, Borobó, Mariano Tudela, Xesús A. Montero, X. Ferro Ruibal, Torcuato Luca de Tena, X. Neira Vilas, Carlos Casares e Diego Bernal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en Ourense. Declarada pola Xunta de Galicia de interese cultural e galego, ten como fins a protección, divulgación e estudo da obra do gravador e pintor Xulio Prieto Nespereira e a conservación do seu patrimonio artístico e cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 11 de xaneiro de 1907 cando era ministro de Instrución Pública Amalio Gimeno. O artigo 1 de fundación determinaba como competencias o servizo de ampliación de estudios dentro e fóra de España, as delegacións a congresos científicos, o servizo de información estranxeira e relacións internacionais en materia de ensino, o fomento dos traballos de investigación científica e a protección das institucións educativas no ensino secundario e superior. O primeiro regulamento foi publicado o 16 de xuño de 1907. A JAE naceu dentro do espírito gineriano de “europeizar” España e a súa composición orixinal reflicte a influencia da ILE (Santiago Ramón y Cajal, Gumersindo de Azcárate, Xosé Casares Gil, Ramón Menéndez Pidal e Eduardo Vicenti, entre outros). Entre 1906 e 1936 levou a cabo un fecundo labor de extensión cultural ao enviar como bolseiros ao estranxeiro a centos de mestres e inspectores. Aspirábase á formación do persoal docente e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das xuntas que se crearon en España trala Revolución de Setembro de 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo creado na Escola de Maxisterio de Pontevedra por Antón Lamapereira e Manuel F. Vieites en 1987, ao abeiro da Aula de Teatro da citada escola universitaria. Despois de estrear Colorín Colorado en 1987, en 1988 presentaron Pimpirulandia, un espectáculo do que se realizaron máis de 65 funcións. En 1990 presentaron o espectáculo Rodatola, unha creación colectiva dirixida por Manuel F. Vieites e Manuela Rodríguez Lorenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a variación de entalpía coa temperatura a presión constante. Permite calcular a variación de entalpía H dunha reacción á temperatura T2, coñecendo a variación da entalpía da reacción a unha certa temperatura T e as capacidades caloríficas dos produtos e dos reactivos a T1 e T2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de condensación de compostos carbonílicos con grupos metilenos reactivos, en presencia de amoníaco ou aminas, segundo a reacción RCHO+H2C(COOH)2 "Times New → RCH = C(COOH)2 "Times New mso-ansi-language:ES-TRAD;mso-fareast-language: → RCH = CHCOOH + CO2

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Okrug autónomo, na oblast’ de Kamčatka (301.500 km2; 30.700 h [estim 1999]). A súa capital é Palana (2.735 h [1970]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de carga continua dun cable telefónico, ideado por C. E. Krarup (1872 -1909), que consiste en dispoñer helicoildalmente un enrolamento de ferro ou dunha aliaxe magnética ao redor de cada un dos condutores do cable. Emprégase especialmente nos cables submariños.

    VER O DETALLE DO TERMO