Itacio

Itacio

Bispo da diocese Ossonobense en Lusitania. No Concilio de Zaragoza de 380, acusou a Prisciliano polas súas prácticas e foi o encargado de levar a cabo os editos acordados. Apoiou os ataques dos bispos Magno e Rufo contra a doutrina de Prisciliano no Sínodo de Burdeos (384), e conseguiu a súa condena a morte.