"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • CABOS

    Cabo de Andalucía, na provincia de Almería, que pecha polo L o golfo de Almería e constitúe o extremo sudoriental da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Chipre, no extremo meridional da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado en Vigo en 1989 polo sector de Cultura do Concello de Vigo. Subtitulouse “Cuadernos municipais de cine”. A través dos guións de Biosbardos e dos debuxos de Pepe Carreiro facíase unha breve recensión da película, do autor do libro ou guión orixinal, e incluíase información relativa á cinematografía en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano, marqués de Gattinara. Embaixador de Maximiliano I de Austria fronte a Luís XII de Francia e Fernando o Católico, foi conselleiro de Margarida de Austria, xunto coa que preparou a elección imperial de Carlos I. Primeiro presidente do Parlamento de Borgoña (1508) e gran chanceler imperial desde 1518, realizou, sen éxito, unha reforma da administración de Castela e intentou impor unha moeda única en todos os territorios imperiais. Foi o artífice das sinaturas do Tratado de Windsor (1522) con Inglaterra, da Paz de Cambrai (1529) con Francia, da Paz de Barcelona (1529) co papa, e da de Boloña (1529) cos ducados de Milán e Xénova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (18.192 km2; 282.226 h [estim 1999]). A capital é Gävle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Locutor e presentador de televisión. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Director e presentador do programa Luar, producido pola TVG. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Galicia de Comunicación e o Premio Geca concedido por SOFRES.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de tubo de descarga de baixa presión que se emprega para observar os efectos luminosos das descargas eléctricas a través de distintos gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición musical vasca, escrita con ritmo de zortziko (5/8), con texto e música de José María Iparaguirre, coa posible colaboración de Juan José Altuna, que se estreou en Madrid en 1853. Moi popular en Euskadi, converteuse en himno vasco, e en 1931 asociouse ao himno da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boutros Boutros Ghali.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome italianizado do escultor flamengo Jean Bolougne. A súa obra, manierista, caracterízase por unha busca do movemento mediante formas voluptuosas, un alongamento do canon e un detallismo de ourive. Cultivou o tema mitolóxico, entre outras, na Fontana del Nettuno en Boloña (1563-1566), os retratos, entre os que destacan Cosimo I (1587-1595), e o tema relixioso nos relevos da capela Grimaldi (1579-1585).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador británico. Formado en Oxford e en Lausanne, foi membro do exército e da Cámara dos Comúns (1774-1783). En contacto co enciclopedismo francés desde a súa estadía en Suíza, foi un dos máximos representantes da Ilustración inglesa. Como historiador sostivo a teoría do progreso constante da humanidade, aínda que admitía retrocesos transitorios. Criticou, ademais, duramente o cristianismo, ao que acusou de ser unha das causas da caída do Imperio Romano. Escribiu, entre outras, Essai sur l’étude de la littérature (1761), Critical Observations of the sixth book of the Aeneid (1770), aínda que a súa obra máis importante foi The History of the Decline and Fall of the Roman Empire (1776-1788).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e dramaturgo. Foi un dos fundadores do Teatro de Cámara de València e traballou como profesor do Instituto de Arte Dramática de València, cidade na que desenvolveu un importante labor cultural. Autor de máis de trinta obras, moitas delas estreadas, a súa escrita presenta diversos rexistros que van da farsa, cunha dimensión social, a textos máis simbólicos ou experimentais. Entre elas destacan El sueño es vida (1952), El tótem en la arena (1960), Muy alto, muy rubio, muy muerto (1964), El cubil (1969), La erotísima Doña Inés (1976) ou El petrolio (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Gobernador do asentamento español nas Malvinas (1174-1779), foi vicerrei de Nova Granada (1788-1792) e do Perú (1792-1796). De ideas ilustradas, potenciou a creación dos xornais Mercurio Peruano (1791) e da Gaceta de Lima (1793), o desenvolvemento da Sociedad Cultural Amantes del País e da Tertulia Poética (1791), e a fundación, entre outras, dunha cátedra de Anatomía (1792) e da Academia de Naútica (1794). De volta a España foi elixido membro do Consejo Supremo de Guerra, director xeral da Armada (1799) e ministro de Mariña (1866). Trala chegada ao trono de Fernando VII, formou parte da Junta de Goberno que se desprazou a Baiona, que abandonou trala subida ao poder de Xosé Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Lugo (1735-1745) e arcebispo de Santiago (1745-1751). Foi colexial maior de Santa Cruz de Valladolid e reitor do colexio de Fonseca (1713). En 1725 tomou posesión dunha coenxía en Sevilla, que conmutou por unha en Santiago, onde tamén exerceu como administrador do Hospital Real. Tras ser nomeado bispo de Lugo (1735), fomentou a educación dos nenos do coro catedralicio, mandou construír o retablo da capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes e ampliou o palacio espiscopal. Foi delegado rexio de Filipe IV para efectuar a ofrenda ao Apóstolo (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Osma (1715-1720) e arcebispo de Sevilla (1720-1722). Formado na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Prima de Leis (1690-1700) e reitor do colexio de Fonseca en dúas ocasións (1690 e 1683). Tralo seu traslado ao colexio de Cuenca da Universidad de Salamanca, foi penitenciario da catedral de Oviedo, doutoral da catedral de Toledo (1702) e vicario xeral eclesiástico de Madrid (1711). Entre outros postos políticos ocupou a presidencia da Real Chancelería de Valladolid, foi xeneral da cruzada, presidente do Consello de Castela e ministro de Filipe V para asuntos eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Formado en teoloxía, foi catedrático de Filosofía na Universidad de Salamanca. En 1706 trasladouse ao convento de Santiago de Compostela, onde exerceu de lector de teoloxía, de examinador sinodal do arcebispado e de censor de libros para a Inquisición. Foi provincial da súa orde e posteriormente visitador da mesma (1713 -1716). Das súas obras destacan Acerca de las indulgencias concedidas a los que asisten a las doctrinas y a las misiones (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto italiano. Formouse con Cimabue no estilo bizantino imperante en Italia no s XIII. A súa arte representa unha ruptura coa estilización da arte bizantina ao introducir un novo ideal de realidade mediante a renovación dos conceptos de espazo e da figura. Parece que participou na decoración da basílica superior de Asís, iniciada por Cimabue, e na execución dos frescos das Historias de san Francisco. En Padua realizou os frescos da capela da Arena ou dos Scrovegni (1305-1306) e, en Florencia, os frescos das capelas Bardi e Peruzzina Santa Croce e o Cristo de Santa Maria Novella (1295-1297). Traballou tamén en Roma na antiga basílica de San Pedro e en Nápoles, onde foi pintor da corte de Roberto de Anjou. En 1334 nomeárono mestre maior das obras da catedral de Santa Maria del Fiori en Florencia, onde comezou a construción do campanile. Traballou coa axuda de moitos colaboradores e a súa obra influíu sobre a maioría dos pintores florentinos e sieneses...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.

    2. Bolsa de plástico ou doutro material flexible e de forma esférica, que se incha de aire ou dun gas lixeiro e que se emprega normalmente como xoguete.

    3. Obxecto esférico de vidro ou doutro material transparente ou difusor que recobre unha lámpada destinado a repartir e a difundir a luz ou a cambiar a súa cor e que tamén lle serve de protección.

    4. Espacio en branco que se utiliza nos cómics, chistes ou gráficos, para conter as palabras e as expresións dos personaxes.

      1. globo aerostático

        Aerostato sen motor consistente nun receptáculo que contén un gas máis lixeiro ca o aire en condicións normais (hidróxeno, helio ou aire quente), que se eleva por mor da forza ascensional (principio de Arquímedes) e que pode ir provisto dun habitáculo para levar tripulantes ou instumentos. Posto que o peso específico do aire atmosférico diminúe ao aumentar a altura, a forza ascensional acaba por resultar nula; alcánzase daquela o equilibrio aerostático. Nestas condicións, para continuar elevándose, cómpre soltar lastre, aumentar o volume ou, no caso dos aerostatos de aire quente, quentar o aire do globo mediante un quentador.

      2. globo sonda

        Globo libre non tripulado empregado para rexistrar datos da atmosfera como a presión, a temperatura ou a humidade.

    5. Esfera que ten representadas na súa superficie, nunha posición semellante á que ocupan no espacio, as principais estrelas, constelacións e os círculos fundamentais.

    6. Órgano da vista nos animais superiores. Tamén recibe a denominación popular de bugallo do ollo.

    7. Representación cartográfica da Terra sobre unha esfera. As deformacións que se producen na representación, tendo en conta que a Terra é máis ou menos esférica, son mínimas. Recibe tamén o nome de esfera terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trombonista e compositor esloveno. Estudiou trombón con Karas, Mason e Lafosse, e composición con L. Berio e R. Leibowitz. Compuxo Étude pour Folklora I, La Ronde, Discours I-II-III e Voie.

    VER O DETALLE DO TERMO