Giotto di Bondone
Pintor e arquitecto italiano. Formouse con Cimabue no estilo bizantino imperante en Italia no s XIII. A súa arte representa unha ruptura coa estilización da arte bizantina ao introducir un novo ideal de realidade mediante a renovación dos conceptos de espazo e da figura. Parece que participou na decoración da basílica superior de Asís, iniciada por Cimabue, e na execución dos frescos das Historias de san Francisco. En Padua realizou os frescos da capela da Arena ou dos Scrovegni (1305-1306) e, en Florencia, os frescos das capelas Bardi e Peruzzina Santa Croce e o Cristo de Santa Maria Novella (1295-1297). Traballou tamén en Roma na antiga basílica de San Pedro e en Nápoles, onde foi pintor da corte de Roberto de Anjou. En 1334 nomeárono mestre maior das obras da catedral de Santa Maria del Fiori en Florencia, onde comezou a construción do campanile. Traballou coa axuda de moitos colaboradores e a súa obra influíu sobre a maioría dos pintores florentinos e sieneses do s XIV.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Colle di Vespignano, Florencia -
Deceso
Lugar : Florencia