globo
(< lat globu)
-
s
m
Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.
Ex: A explosión produciu un globo de fume.
-
s
m
Bolsa de plástico ou doutro material flexible e de forma esférica, que se incha de aire ou dun gas lixeiro e que se emprega normalmente como xoguete.
Ex: O día de festa regaloulles un globo a cadanseu sobriño.
-
s
m
Obxecto esférico de vidro ou doutro material transparente ou difusor que recobre unha lámpada destinado a repartir e a difundir a luz ou a cambiar a súa cor e que tamén lle serve de protección.
-
s
m
[IMAX]
Espacio en branco que se utiliza nos cómics, chistes ou gráficos, para conter as palabras e as expresións dos personaxes.
Sinónimos: bocadillo. -
[AERON]
-
globo aerostático
Aerostato sen motor consistente nun receptáculo que contén un gas máis lixeiro ca o aire en condicións normais (hidróxeno, helio ou aire quente), que se eleva por mor da forza ascensional (principio de Arquímedes) e que pode ir provisto dun habitáculo para levar tripulantes ou instumentos. Posto que o peso específico do aire atmosférico diminúe ao aumentar a altura, a forza ascensional acaba por resultar nula; alcánzase daquela o equilibrio aerostático. Nestas condicións, para continuar elevándose, cómpre soltar lastre, aumentar o volume ou, no caso dos aerostatos de aire quente, quentar o aire do globo mediante un quentador.
-
globo sonda
Globo libre non tripulado empregado para rexistrar datos da atmosfera como a presión, a temperatura ou a humidade.
-
globo aerostático
-
globo celeste/estelar
[ASTRON]
Esfera que ten representadas na súa superficie, nunha posición semellante á que ocupan no espacio, as principais estrelas, constelacións e os círculos fundamentais.
-
globo ocular
[ANAT]
Órgano da vista nos animais superiores. Tamén recibe a denominación popular de bugallo do ollo.
-
globo terráqueo/terrestre
[XEOG]
Representación cartográfica da Terra sobre unha esfera. As deformacións que se producen na representación, tendo en conta que a Terra é máis ou menos esférica, son mínimas. Recibe tamén o nome de esfera terrestre.