"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • GALICIA

    Maquilladora. Especialista en caracterización e maquillaxe, realizou traballos para compañías como Chévere, Sarabela Teatro, Centro Dramático Galego ou Ollomoltranvía. Recibiu diversos premios polo seu labor, entre os que se contan o Premio Compostela e varios María Casares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, foi membro fundador do grupo musical Agra. Colaborador de diversos medios de comunicación con estudos filolóxicos e de crítica literaria, das súas obras destacan O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro, a música dos discos compactos O pobo da noite (1998), en colaboración con Manuel Rivas, e Río de son e vento (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrincar cos dentes anacos dalgunha cousa.

    2. Deixar a pegada dos dentes nalgunha cousa, mordendo con forza.

    3. Darlle a forma dentada a un obxecto ou ferramenta.

    4. Facer unha incisión nas castañas para que ao asalas non estoupen.

    5. Encaixar dous elementos tomando como guía as súas formas dentadas.

    6. Comezar a saír os dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a pintura de temática histórica e literaria, así como o retrato. Da súa obra destacan El príncipe de Viana, Don Quijote e os retratos oficiais de Afonso XIII e da Reina Victoria Eugenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Privar de vitalidade algunha parte do corpo.

    2. Molestar ou humillar física ou moralmente a unha persoa.

    3. Castigar o corpo con mortificacións.

    4. Atormentarse moral ou fisicamente unha persoa.

    5. Castigar o propio corpo con mortificacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico sueco. Fixo importantes investigacións sobre os elementos químicos englobados nas terras raras, e descubriu a existencia dalgún, como o lantano, no ano 1839.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fuxir un animal cando pican nel as moscas ou tabáns.

    2. Botar a andar.

    3. Ofenderse unha persoa.

    4. Facer un pequeno corte nas castañas para que non estoupen ao asalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mosca de gran tamaño que fai moito ruído ao voar.

    2. tabán.

    3. mosca da carne.

    4. Insecto holometábolo da orde dos dípteros, de 2 cm o macho, e de 3 cm a femia, dunha cor parda amarelada na cabeza e no tórax e coas patas avermelladas, o abdome negro, con manchas brancas e amarelas no extremo, e as ás amareladas. Habita en Europa, en ermos moi soleados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Coronel desde 1929, ao producirse o alzamento militar franquista era xefe da escola de ximnasia de Toledo. Adheriuse e pechouse no alcázar desta cidade cunha guarnición integrada por garda civís, onde   resistiu (22 de xullo-28 de setembro 1936) ata que José Enrique Varela Iglesias obrigou as forzas republicanas a levantar o asedio. Capitán xeral de Catalunya (1943-1945), Franco outorgoulle (1948) o título de conde do Alcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado na Mancha e regado polo río Valdemembras (5.102 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro, con industrias derivadas e serradoiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo lixeiro de tres rodas con motor que serve para transportar cargas lixeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautora. Pertencente á Nova Cançó catalá, entrou no grupo Els Setze Jutges en 1964. Cultivou tanto unha liña intimista, con discos como Visca l’amor (1968), Cançons que estimo (1974) e Una bruixa com les altres (1981), como a canción de estilo máis frívolo ou irónico, con Guillermina Show (1967), Remena nena (1970) e Lluny de Malibú (1987). En 2002 editou un álbum de discos recompilatorios con 160 cancións, titulado Fent equilibris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e presidente do Real Club Celta de Vigo. Empresario de recoñecido prestixio en México, é presidente do grupo Corporativo GES, unha das empresas líderes no sur do pais. E accionista maioritario de varias empresas de construción galegas. Preside o Celta de Vigo dende o ano 2006, cando substituíu a Horacio Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Debutou no circuíto profesional en 1995 e   conseguiu máis dunha vintena de títulos individuais, dos que destacan os torneos de Monte-Carlo e Roland Garros en 1998. Foi o primeiro español (1999) en conseguir o número 1 na clasificación da ATP e formou parte da selección española que se proclamou campioa da Copa Davis en 2000. Recibiu a medalla de ouro ao Mérito Deportivo (1999) e foi escollido como Mellor Xogador Europeo pola ATP (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polisacárido que resulta da condensación dunha molécula de hexosa ou ácido hexurónico, asociado a unha molécula de hexosamina, portadora ou non de grupos sulfato. Os mucopolisacáridos atópanse unidos por enlaces electrovalentes coas proteínas. Son de carácter ácido, pola presenza de ácido hexurónico. Caracterízanse pola condensación de unidades disacáridas unidas por enlaces lábiles en proteínas. Forma parte do tecido conxuntivo e cartilaxinoso e o seu carácter polianiónico explica o seu papel fixador de catións, sobre todo de calcio e de proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria que se caracteriza pola falta dalgúns enzimas que degradan os mucopolisacáridos, debido a que se acumulan patoloxicamente nos tecidos orgánicos, como a síndrome de Hurler, a enfermidade de Hunter, a enfermidade Sanfilippo e a síndrome de Morquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Introduciu e propagou a filosofía analítica en España. Da súa obra destacan La Concepción analítica de la filosofía (1974), e que recompilou escritos de prestixiosos filósofos analíticos, La razón sin esperanza (1977), El fundamento de los derechos humanos (1989) e Desde la perplejidad. Ensayos sobre la ética, la razón y el diálogo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano feminino que presenta varios carpelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo aumente en número ou en cantidade.

    2. Efectuar unha multiplicación.

    3. Aumentar o número ou a cantidade de algo.

    4. Reproducirse os seres vivos.

    5. Facer unha persoa a tarefa de moitos ou estar en todo.

    VER O DETALLE DO TERMO