"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de lapidificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación diferencial en derivadas parciais que se expresa pola fórmula Äf=0, onde Ä é o laplaciano. As funcións que son solución da ecuación de Laplace denomínanse funcións harmónicas, e teñen unha especial aplicación na teoría do potencial. No caso de que f sexa unha función da variable complexa z=x+iy, a ecuación de Laplace expresa a condición necesaria e suficiente para que f sexa derivable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ocupa unha extensión moi ampla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dado á imaxe latente dunha emulsión fotográfica entre a exposición e o revelado, co fin de reforzala, no caso de que estivese superexposta. Consta basicamente de tres procedementos: baño químico, vapor químico e acción da luz antes do revelado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que se forman lateralidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación de lateritas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de latinizar ou latinizarse.
-
PERSOEIRO
Orador latino. Estableceu unha escola de retórica en Roma, onde foi mestre de Ovidio. Séneca, Plinio e Quintiliano gabárono. Atribúeselle un tratado de retórica.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Elemento radioactivo, da familia dos actínidos, de peso atómico 256 e número atómico 103. Foi obtido por A. Ghiorso por bombardeo do californio con ións de boro acelerados segundo a ecuación
VER O DETALLE DO TERMO
250-252 98CF + 10-11 5B "Times New → 257 103Lr + x1 0 n -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación constituída en Vigo o 23 de febreiro de 1999 en memoria de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Declarada de interese cultural e galego, ten como obxectivos a custodia, conservación e difusión da colección permanente que o artista legou á cidade de Vigo, e o apoio e difusión da obra dos novos creadores. Está rexida por un patronato en que están representados os concellos de Vigo e Lalín, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo, a familia do pintor e personalidades do mundo cultural e empresarial galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída o 22 de abril de 1992 en Santiago de Compostela. Entre os seus obxectivos inclúense o fomento do coñecemento e a difusión da cultura en xeral, a defensa e creación de medios de comunicación en todos os soportes e o apoio a investigación de novas técnicas expresivas e de diferentes soportes tecnolóxicos dos medios de comunicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquitecta e escritora. É autora de El Balneario, la ciudad ensimismada (1994), A vida nos balnearios de Galicia (1996) e Vigo, puerto y destino: atlas urbanístico de Vigo (2000).
-
-
-
Aquilo que se le en voz alta.
-
Cada un dos fragmentos das Escrituras, da vidas dos santos ou dos comentarios aos Evanxeos que se len ou cantan na misa ou nun oficio.
-
-
-
Ensino dunha disciplina académica dada por un mestre a un ou máis alumnos nunha sesión.
-
Parte dunha materia que o alumno debe ter aprendida para unha clase.
-
Cada un dos apartados en que se divide un texto, especialmente un texto escolástico.
-
lección maxistral
Conferencia ou discurso que pronuncia un profesor sobre un determinado asunto nun acto académico solemne ou un candidato diante dun tribunal para superar unha oposición.
-
-
Consello ou ensinanza que se lle dá a alguén amodo de exemplo.
-
Ensinanza ou experiencia que se tira de algo, xeralmente desagradable.
-
...
-
-
-
Libro litúrxico que contén ordenadas, segundo diferentes sistematizacións, as lecturas do oficio ou da misa. Dividido antigamente no epistolario e no evanxeliario (hoxe voltos a unir) ou incorporado ao breviario e ao misal, a nova edición do misal exclúeo.
-
Parede que separa o coro da nave dunha igrexa. Adoita ter aberturas e un coro alto, desde onde se lían os textos sagrados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista pedagóxica aparecida en xaneiro de 1983, editada polo departamento de Psicoloxía Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Incluíu artigos en que analizaba actitudes e comportamentos sociais, teorías da aprendizaxe, métodos de avaliación, bibliografía e cadros estatísticos.
-
-
Cargo de legado.
-
Representación ante un goberno estranxeiro como embaixador, plenipotenciario ou encargado de negocios.
-
Conxunto de persoas que un legado ten ás súas ordes.
-
Oficina do legado, que goza de extraterritorialidade.
-
-
-
Acción e efecto de legalizar.
-
-
Certificación da autenticidade dunha sinatura feita por un notario.
-
Certificación das sinaturas dos documentos outorgados no estranxeiro, feita polas autoridades e representantes do país onde han de producir efecto.
-
legalización notarial
Certificación da autenticidade da sinatura dun notario feita por outros dous notarios do mesmo colexio ou, subsidiariamente, polo xuíz de primeira instancia.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que, despois da Lei Moyano, inaugurou un novo estado social e político: o nacionalcatolicismo. Deu prioridade aos valores e contidos relixiosos e patrióticos sobre os esencialmente educativos. A educación entendeuse como unha tarefa que correspondía á familia, á Igrexa e ao Estado, mentres o mestre só tiña unha autoridade delegada. Prohibiuse a educación mixta, de maneira que se segregou a mestres e mestras e a alumnos e alumnas en centros masculinos ou femininos, segundo o caso. A formación intelectual, física e profesional organizouse nun plan cíclico dividido en catro períodos: iniciación (maternal e párvulos), elemental (6 a 10 anos), perfeccionamento (10 a 12) e iniciación profesional (12 a 15). O ensino só era obrigatorio entre os 6 e os 12 anos e, ao rematar, obtiñan a cartilla de escolaridade e un certificado de estudios primarios. Regulamentouse a inspección, a formación do maxisterio e mesmo a súa actuación profesional, administrativa, económica e disciplinar. Foi tamén o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei para a normalización do galego que pretende garantir e regulamentar o proceso normalizador do galego como lingua propia do país, asegurar a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e servir de marco xurídico propio para posteriores procesos específicos en áreas concretas da sociedade galega. O texto final oficial da LNL foi debatido no Pleno do Parlamento o 15 de xuño de 1983 e aprobado, por unanimidade, por todos os grupos parlamentarios constituídos (AP, UCD, PSOE, PCG e EG). Os tres deputados do BNG-PSG non formaban parte do arco por expulsión ante a negativa a xurar acatamento á Constitución. Foi promulgada o 14 de xullo de 1983, pero en outubro o Goberno central (PSOE acababa de tomar posesión do executivo) interpuxo recurso contra dous artigos: 1.2 (“Todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo”) e todo o art 7, baseándose no art 161.2 da Constitución. O Tribunal Constitucional ditou sentenza xunto coas sentencias de impugnación das...