"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que actúa con cautela.
-
PERSOEIRO
Historiadora. Doutora en Filosofía e Letras e profesora de historia antiga na Universidade de Vigo, onde dirixiu o departamento de Historia, Arte e Xeografía. Especializada en numismática antiga, escribiu numerosos artigos en diversas publicacións como Boletín Auriense, Brigantium, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia e Minius, así como en diferentes libros colectivos. Publicou ademais, Galicia romana: circulación monetaria (1973) e La crisis económico-monetaria del s. III, un mito historiográfico? Avance del resultado de los análisis metalográficos sobre dos tesorillos de la Provincia de Lugo (1994). Membro numerario do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da Sociedade Española de Estudios Clásicos, da Sociedade Antiguidade, Relixión e Sociedade, da Asociación Numismática Española e da Societat Catalana d´Estudis Numismatics.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director cinematográfico e produtor. Residiu en París, onde contactou coa vangarda artística dos anos vinte e, posteriormente, marchou a Inglaterra (1939-1949) e Austria, onde adaptou ao cine a obra de B. Brecht Herr Puntila und sein Knecht Matti (1956). Anos máis tarde volveu a Brasil, onde se converteu nun dos inspiradores do “novo cinema” brasileiro. Traballou realizando programas para televisión en diversos países e impartiu clases na UCLA de California. Dirixiu, entre outras películas: Le train sans yeux (O tren sen ollos, 1926), Les vacances du diable (As vacacións do diaño, 1931), Coal Face (Faciana de carbón, 1936), The First Gentlemen (O primeiro cabaleiro, 1945) e Yerma (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, historiador e avogado. Foi síndico do concello de Madrid (1831) e censor político de teatros (1832-1856). Publicou, entre outras obras: Lequeitio en 1857 (1858), Diálogos políticos y literarios y discursos académicos (1859), Historia de España (1860-1863) e Memoria sobre el fuero de Madrid del año 1202 (1892). Foi membro da Academia de la Historia (1841) e da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estivo en diversas cortes italianas. Publicou Ricercari, motetti, canzoni (Ricercari, motetes, cancións, 1523). O seu fillo, Girolamo Cavazzoni (1525? - 1577?), coñecido como d’Urbino, foi un dos organistas italianos máis destacados do s XVI e traballou en Santa Bárbara de Mantua entre os anos 1565 e 1577. En 1543 publicou un libro de ricercari.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, duque de Devonshire e marqués de Hartington. En 1857 ingresou na Cámara dos Comúns. Membro do Liberal Party, en 1866 foi durante algúns meses secretario de estado para a guerra. Entre 1868 e 1871 ocupou a dirección xeral de Correos e nacionalizou o sistema británico de telégrafos. Foi secretario para a India (1880-1882) e secretario de Estado (1882-1885) no goberno de William Gladstone. En 1886 opúxose á Irish Home Rule propiciada polo seu partido, separouse del e formou e dirixiu o Liberal Unionist Party. Rexeitou o cargo de primeiro ministro en 1880, 1886 e 1887, e en 1895 o de ministro de Asuntos Exteriores. Foi presidente do consello no goberno de lord Salisbury (1895-1903) e, posteriormente, no de Arthur James Balfour (1902-1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Moldura cóncava que ten unha sección dun cuarto de círculo.
-
-
ara de madeira ou doutro material, xeralmente con puño, que se emprega para apoiarse ao andar.
-
Bastón pastoral, signo de autoridade, que levan os bispos, abades e algunhas abadesas nas cerimonias litúrxicas.
-
Póla seca e sen follas empregada para remexer o caldo do pote cando se lle bota a fariña.
-
ara miúda que serve de base aos feixóns e legumes da horta para poderen rubir.
-
Parte curva da aorta, entre as porcións ascendente e descendente, da que saen tres arterias: o tronco braquiocefálico, a carótide primitiva esquerda e a subclavia esquerda.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e tipógrafo inglés. Entre 1471 e 1472 aprendeu a arte tipográfica en Colonia e en 1473 montou unha prensa en Bruxas. No ano 1476 instaurou a primeira imprenta inglesa en Westminster. O primeiro impreso inglés rexistrado é The Dites or Sayenges of the Phylosophers (1477).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Buque de guerra empregado para combater e atacar os torpedeiros grazas á súa superior velocidade e armamento. Apareceu por vez primeira no s XIX. Posteriormente, denominouse destrutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Venecia 1432 - ? 1488) Explorador. Estivo ao servizo do infante Enrique de Portugal, para o que en 1455 explorou as Islas Canarias e as costas de Senegal ata Gambia. En 1456 descubriu as illas de Cabo Verde e chegou ás illas de Bijagós no transcurso dunha nova expedición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación cirúrxica dun ano artificial no intestino cego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo da Concepción.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Redondela e realizada por Fernando Casas, quen contratou o proxecto no ano 1743 para reedificar un templo tardogótico do s XVI. A planta presenta unha nave rectangular de dous tramos, cuberta con bóveda de crucería e precedida dun coro alto amodo de nártice ou vestíbulo. Na cabeceira están o cruceiro, pouco desenvolvido e cuberto cunha bóveda nervada, e o presbiterio de grandes dimensións. No interior conserva o retablo maior e os laterais de estilo barroco. A fachada presenta un corpo prismático enmarcado entre dúas pilastras, no que se tentou destacar o eixe central rematado en espadana, o que aumenta a sensación de verticalidade. Está decorada con motivos xeométricos. Entre 1880 e 1884 realizáronse obras de restauración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hematoma localizado na zona subperióstica dos ósos do cranio do bebé. Normalmente, aparece dous días despois dun parto laborioso ou cando se emprega o fórceps. O sangue reabsórbese espontaneamente nunhas poucas semanas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cefalotórax.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión anterior do corpo dos arácnidos e de moitos crustáceos que resulta da unión de diversos segmentos torácicos anteriores coa cabeza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Vello (s IV a C) Escultor grego. Pai de Praxíteles, esculpiu para os atenienses a estatua Eirene (a Paz) levando o neno Ploutos (a Abundancia), coñecida por copias romanas e polas referencias de Pausanias. Fixo tamén unha estatua de Atenea situada no porto de Atenas, un grupo de musas, un altar dedicado a Zeus e un Hermes con Dióniso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Novo (300? a C) Escultor grego. Fillo probablemente de Praxíteles, destacou no retrato, entre os que destaca o de Menandro, e na representación da figura feminina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cegar.