caxato
(< lat caiātu < latcāia ‘vara’)
-
s
m
ara de madeira ou doutro material, xeralmente con puño, que se emprega para apoiarse ao andar.
Ex: Usa o caxato desde que rompeu a cadeira.
Sinónimos: bastón, cachaba, caxata. -
s
m
[RELIX]
Bastón pastoral, signo de autoridade, que levan os bispos, abades e algunhas abadesas nas cerimonias litúrxicas.
Ex: O bispo recibiu na cerimonia de ordenación o caxato e a mitra.
Sinónimos: báculo. -
s
m
Póla seca e sen follas empregada para remexer o caldo do pote cando se lle bota a fariña.
-
s
m
ara miúda que serve de base aos feixóns e legumes da horta para poderen rubir.
Ex: Veño de espichar uns caxatos para que poidan rubir os feixóns.
-
caxato da aorta
[ANAT]
Parte curva da aorta, entre as porcións ascendente e descendente, da que saen tres arterias: o tronco braquiocefálico, a carótide primitiva esquerda e a subclavia esquerda.