bastón

bastón

(< lat bastu ‘bastón’)

  1. s m

    ara de madeira, de bambú, etc, xeralmente con puño, para levar na man e apoiarse ao camiñar.

    Ex: Dáme pena, tan nova e xa ten que usar bastón.

    Sinónimos: caxato. Confrontacións: báculo.
  2. s m

    Caxato que se utiliza como insignia de mando ou autoridade.

  3. s m [DEP]

    Instrumento alongado e manexable, de formas diversas, empregado para practicar algúns deportes como o golf ou o esquí.

  4. s m [FISIOL]

    Un dos dous tipos de células receptoras visuais situadas na retina dos vertebrados que conteñen un pigmento fotosensible, a rodopsina. Son altamente sensibles pero na maioría das especies están restrinxidos á visión acromática. A súa estrutura celular comprende dúas partes principais conectadas mediante un cilio: o segmento externo, de forma cilíndrica, que posúe uns 1.000 discos de membrana, e o segmento interno, que contén os orgánulos celulares típicos e un corpo sináptico cheo de vesículas con neurotransmisores.

  5. [HERÁLD]
    1. s m

      Representación dun bastón ordinario.

    2. s m

      Peza diminuída equivalente a unha cotiza reducida á metade da súa largura.

    3. bastón de Esculapio

      Verga encaixada a unha serpe que ten a cabeza á dereita.

    4. bastón flordelisado

      Representación dun bastón que ten o extremo superior rematado en flor de lis.

  6. s m [HIST]

    Os exipcios e os mesopotámicos consideraban o bastón como un dos máis importantes símbolos de autoridade e honor. Os mesopotámicos utilizaron unha cana artisticamente labrada que presentaba como adorno unha flor, unha froita ou figuras emblemáticas no extremo superior. Entre os gregos, as súas formas diversificáronse de xeito que se rexistra o chamado bastón muleta, que se adoitaba apoiar no sobrazo nos longos períodos de tempo en pé; bastón alto, o que vai ata o nivel do ombreiro, da cabeza ou incluso máis longo; sytala, o empregado polos dorios, etc. En Roma, os cónsules presentábanse ante o senado precedidos polos litores, portados polos fasces ‘feixes de bastóns’ que eran símbolo de autoridade. O seu uso quedou relegado ata o último terzo da Idade Media como obxecto de adorno ou luxo. Entre os séculos XIII e XV empregáronse unha variedade de bastóns luxosos elaborados en ouro, prata ou marfil e recubertos de coiro. Posteriormente, no s XVIII, adoptou unha forma de vara lixeira ou cana con deseños artísticos, ébano ou marfil ocasionalmente tallados con figuras animais ou humanas. A utilización do bastón xeneralizouse no s XIX no que apareceu o bastón de estoque, aquel que garda no interior da súa cana unha folla de aceiro. Co tempo o seu uso acabou sendo esporádico, aínda que sempre conservou o seu valor simbólico.

  7. [PREHIST]
    1. s m

      Instrumento prehistórico de óso ou de corno, cun burato ou dous a cada un dos extremos, a miúdo decorado con incisións que representan motivos xeométricos ou animais. É exclusivo do Paleolítico superior, sobre todo do Madalenense. A súa atribución funcional como bastón de mando foi arbitraria; semella que algunhas das pezas máis salientables puideron ser empregadas como propulsores para armas arreboladizas, tensores e mesmo como instrumentos de medición do tempo, calendarios.

    2. bastón perforado

      Obxecto moble fabricado sobre un fragmento de asta de cervo que presenta unha perforación nun dos extremos, acotío na galla. Aínda que aparecen ao longo de todo o Paleolítico superior, é durante o Madalenense cando son máis comúns e están máis decorados. A interpretación arqueolóxica tradicional vía nestes bastóns un símbolo distintivo de autoridade, polo que se denominaron bastóns de mando; a moderna interpretación arqueolóxica, relaciona a súa función coa realización de útiles en asta e madeira ou coa finalización de tarefas de cordelaxe.

  8. s m [TÉXT]

    Na industria da seda, pau redondo duns 4 cm de longo en que está envolta toda a tea xunta para pasala de alí ao pregador.

Palabras veciñas

3 basto | Basto | 2 basto -ta | bastón | Bastón | bastonada | bastoneiro -ra