Bastón
Bastón
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe abondosa en terras de Rianxo e na Pobra do Caramiñal. Entroncaron cos Martelo e con outras ilustres familias galegas. As súas armas levan, en campo de ouro, un brazo vestido, movente do flanco destro, empuñando unha maza ou bastón de goles, en posición vertical. Outra variante ostenta, en campo de ouro, tres mazas ou bastóns de goles entrecruzados, colocados dous en aspa e un verticalmente.