"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Vietnam (5.939 km2; 889.600 h [estim 1993]). A súa capital é Hong Gai (127.484 h [1993]).
-
PERSOEIRO
Modista. En 1965 difundiu a minisaia lanzada por A. Courrèges, a través do prêt-à-porter e a confección en serie. Representa o pensamento e os movementos sociais da década de 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Encíclica promulgada polo Papa Pío IX o 8 de decembro de 1864, que escribiu para acompañar a publicación de Syllabus e na que condenou o liberalismo, o racionalismo, o galicanismo, o socialismo e o naturalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cuanto.
-
PERSOEIRO
Compositor e frautista alemán. Deixou preto de trescentos concertos para unha ou dúas frautas e orquestra, e sonatas. Perfeccionou a frauta traveseira e fixo evolucionar a súa técnica. Publicou un método de frauta (1752).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Fujian, China, situado na costa do mar da China Oriental, diante do estreito de Taiwán (185.154 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. É autor de narracións (I nostri simili, 1932) e de novelas (La rosa rossa, 1937; Le trincee, 1942; L’onda dell’incrociatore, 1947; Amor militare, 1955; Il cavallo Tripoli, 1956; La calda vita, 1958; e I giochi di Norma, 1964). Postumamente publicouse a compilación poética A sole e al vento (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor italiano. Discípulo de Mengs, reconstruíu a igrexa de Santa Scolástica en Subiaco (1771). En 1776 foi a Rusia, e protexido por Catarina II, estableceuse en Peterburgo, onde ergueu os edificios da Bolsa, o palacio Jusupov, o teatro do Èrmitaž, o palacio Alexandre de Carskoje-Selo e o palacio inglés de Peterhof.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das seis partículas fundamentais que, xunto cos leptóns, son os constituíntes fundamentais da materia. Coñécense seis, que son designados polas iniciais do seu nome en inglés: u (up: arriba), d (down: abaixo), c (charmed: encantado), s (strange: estraño), b (bottom: fondo, ou beauty: beleza) e t (top: cume, ou thruth: verdade). Caracterízanse polo isospin, a carga eléctrica e polos sabores ou aromas (encanto, a estrañeza, a beleza e a verdade). As combinacións dos quarks forman os hadróns: dunha banda, forman os mesóns e, doutra, os barións. Os quarks non poden ser detectados libres.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (2.362 h [2001]). A industria tradicional foi a olaría e a cerámica verde e os reloxos. A proximidade con Girona contribuíu ao desenvolvemento e á diversificación industrial, no que destaca o sector alimentario, as estruturas metálicas e os mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (25.305 h [2001]). Na agricultura predominan os cítricos e as hortalizas. Desde 1970 converteuse nun gran centro industrial, grazas á proximidade e ás boas comunicacións coa cidade de València. O principal sector secundario é o metalúrxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Cagliari, situada na illa de Sardeña, Italia (67.275 h [2001]). Ten destilarías, fábricas de papel e extensas minas de sal nas proximidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto con aparencia estelar, que é unha fonte moi potente de ondas radioeléctricas, cuxo espectro presenta un notable desprazamento cara ao vermello. O primeiro foi descuberto en 1961, cando T. Matthews observou que onde os radiotelescopios indicaban a existencia dunha importante fonte de ondas radioeléctricas había unha estrela de aparencia óptica normal. En 1963 comprobouse que os quásar se afastan do sistema solar a unha velocidade da orde dun 15% da velocidade da luz. A súa luminosidade absoluta é moi elevada, cunha magnitude absoluta que pode chegar a -25 ou -26.
-
PERSOEIRO
Poeta, tradutor e ensaísta. En Florencia (1929) relacionouse con escritores e cos círculos de intelectuais, e publicou Acqua e terre (1930), a primeira composición poética, L’oboe sommerso (1932), Erato e Apollion (1936), Poesie (1938) e Ed è subito sera (1942), onde recolleu toda a obra poética do período precedente. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou na Odisea, na obra de Catulo e Sófocles, no Evanxeo de san Xoán, e máis adiante na obra de Esquilo, nos poetas da Antoloxía Palatina, en Shakespeare, Pablo Neruda e Cummings. Influído pola poesía clásica, foi un dos principais poetas da escola hermética, relacionada co simbolismo e co surrealismo. A partir de 1945 publicou Giorno dopo giorno (1947), Il falso e vero verde (1956), La terra impareggiabile (1958), Il poeta e il politico e altri saggi (1960), os Scritti sul teatro (1961) e Dare e avere (1966). Recibiu o...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo francés. Discípulo de Cuvier, estudou gran número de ósos humanos fósiles. Escribiu, xunto con E. T. Hamy, Crania Ethnica (1873-1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, arqueólogo e crítico da arte. Encargouse da renovación iconográfica da igrexa de Sainte-Geneviève que a transformou no Panthéon. Escribiu Ditionnaire de l’architecture (1792-1825) e Essai sur l’idéal (1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.538 h [2001]). O sector meridional está ocupado pola agricultura de secaño, que se dedica principalmente á vide. No regadío destacan as hortalizas e as froiteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de periodicidade irregular editada en Braga de 1954 a 1957 (nº14). Subtitulada “Revista lusíada de literatura e arte”, foi dirixida conxuntamente por escritores galegos, portugueses e brasileiros. Exerceu unha notable influencia na cultura galega e promoveu a convivencia do que consideraban pobos irmáns, Galicia, Portugal e Brasil. Sebastián Martínez Risco, Leandro Carré e Otero Pedrayo foron os seus codirectores galegos. No mesmo período (1954-1957) funcionou un selo editorial homónimo, co que se publicaron Seitura, de Bouza Brey, e Nos picoutos de Antolín, de Leandro Carré.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura arquitectónica de forma cúbica que remata cunha cúpula. Chamada tamén walî en Oriente Medio, morabit (marabuto) en Magreb, shāh zāde ou imām zāde en Persia e gūr en India, usouse no Islam para indicar a tumba dalgún santón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khublai Khan.