"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Estado do NL de Brasil (53.307 km2; 2.776.782 h [2000]). A súa capital é Natal. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S co estado de Paraíba e ao O co de Ceará. O seu terreo ascende suavemente cara ao interior, que está constituído por unha serie de altiplanos (chapadas) e cordilleiras de materiais metamórficos. É o principal produtor de sal do país. Concedido polo Rei Xoán III de Portugal a João de Barros, a súa colonización fracasou e o territorio pasou á coroa. Ocupado logo polos holandeses, en 1654 volveu á coroa. O movemento revolucionario de 1817 proporcionoulle unha capitanía xeneral propia, e en 1822 converteuse en provincia do imperio portugués ata 1889, ano en que foi transformado en estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil, o máis meridional de todos (282.062 km2; 10.187.798 h [2000]). A súa capital é Porto Alegre. Limita ao N co estado de Santa Catarina, ao L co Océano Atlántico, ao S con Uruguay e ao O con Arxentina. Distínguense dúas rexións fisiográficas separadas pola depresión central. A rexión septentrional forma parte do escudo brasileiro (Serra Geral), con altiplanos de gres e basalto. Ao S, coñecido como La Campanha, dominan as chairas, aínda que algunhas serras de materiais graníticos se prolongan ata Uruguay. O clima é de tipo subtropical e continental en La Campanha e as chuvias, moi irregulares, pero abundantes. Destacan a gandaría e a agricultura con cultivos de arroz, tabaco, mandioca e viño. Posúe carbón, ouro, cobre, ferro e cinc. A zona foi reclamada polos portugueses desde 1531, pero converteuse nun territorio fronteirizo que disputaron tamén os españois. Provincia do imperio portugués (1821) e escenario dunha guerra civil (1835-1845), foi tamén a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, situada na zona setentrional de Patagonia (203.013 km2; 549.204 h [2001]). A súa capital é Viedma (56.583 h [1999]). Limita ao N coa provincia de La Pampa, ao L coa de Bos Aires, ao S coa de Chubut, ao O con Chile e ao NO coa provincia de Neuquén. Os seus principais ríos son o Negro e o Colorado, e a súa costa é alta e rochosa. A súa escasa poboación dedícase principalmente á gandaría e ao cultivo de vides, oliveiras e árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (9.282 km2; 53.989 h [2004]). A súa capital é Fray Bentos (23.122 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Colaboradora de La Ilustración Gallega, El Eco Franciscano e El Compostelano, escribiu o poemario Ráfagas (1908), en que incluíu composicións premiadas en diversos certames literarios de 1907 e 1908, e que tratan temas místicos e patrióticos. Ademais, é autora do drama teatral Lonxe da aldea (1914) e do monólogo A pantasma (1916). Pertenceu á Academia de Buenas Letras de Málaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Multinacional británica do sector da minaría. A súa orixe está na constitución en 1873 da Rio Tinto Co. Ld., que comprou ao goberno español a propiedade das minas de Riotinto. En 1954 a banca española adquiriu o control das minas e creouse a Compañía Española de Minas de Río Tinto SA, na que participaban os británicos cun terzo do capital. En 1966 constituíuse Rio Tinto Minera SA, cun 49% do seu capital en mans británicas. Finalmente, a Rio Tinto británica fusionouse coa Consolidated Zinc Corp., co que se constituíu o actual grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Osmo (Cenlle). Datada no s XVIII, trátase dun conxunto arquitectónico formado por un edificio principal construído con cantaría de granito e varias construcións adxectivas unidas cara ao interior que forman unha planta irregular. O portal decórase con placas, volutas, pináculos e cilindros e sobre a porta atópanse tres escudos. Conserva unha capela nunha pequena leira pechada cun muro exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa Grande de Cabanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagoga. Foi profesora de teoría da educación na Universidade de Santiago de Compostela, e ademais realizou un curso no Instituto de Pedagoxía na Universidade de Londres. Publicou, en colaboración con Ramón Rodríguez Bordallo, Contributa Iulia Vgultuniacum (1976), La escuela celto-romana del noroeste de la Península Ibérica (1981) e El Simbolismo, la localización y el número de las Aras Sestianas (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e concertista. Coñecido como El Pianista de la Troya, obtivo o premio extraordinario fin de carreira José Tragó. Foi alumno de W. Kerchbaumer e W Kerchbaumer en Viena, e H. Kraxton en Londres. Ingresou na Meister-Klasse do Conservatorio Nacional de Saarbrucken, onde tivo como profesor a W. Gieseking. Profesor no Conservatorio Superior de Madrid, ofreceu concertos en diversos países de Europa, América e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, guionista e realizador francés. Teórico do Nouveau Roman, a súa obra influíu decisivamente en moitos escritores do s XX e no movemento da Nova Narrativa en Galicia. É autor de Le voyeur (1955), La jalousie (1957), L’annee dernière à Marienbad (1961), levada ao cine por A. Resnais; La maison de rendez-vous (1965), Projet pour une révolution à New York (1970), Topologie d’une cité fantôme (1976), Souvenir du triangle d’or (1978), Djinn, novela de ciencia ficción no marco da gramática estrutural; Le miroir qui revient (1985), Angélique ou l’enchantement (1988) e Un bruit qui rend fou (1995). Colaborou en diversos filmes, ben como guionista, en Taxandria (1996); ben como actor, en Le Temps retrouvé (1999), ou ben como director en Un bruit qui rend fou (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial nacido en Vigo en 1974 co nome de Rodman Construciones Navales SA, que se dedica á construción de barcos de recreo e profesionais. O grupo está integrado por Rodman Polyships, SAU, Metalships & Docks, SAU, con sede en Vigo, e Conafi SA e Rodman Lusitania SA, con sede en Portugal. A súa actividade céntrase na construción naval en poliéster reforzado en fibra de vidro, que se realiza nas factorías de Meira (Moaña), Vila Real de Santo António (Portugal) e Valença do Miño (Portugal), e na construción e reparación de buques de aceiro, que se realiza nos estaleiros do grupo en Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra. Estudou medicina na Universidad de Salamanca, especializándose en psiquiatría e neuroloxía. Foi médico residente no Hospital de Toén e profesor do Colexio Universitario de Ourense. Membro numerario da Sociedad Española de Historia Nacional e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, escribiu diversos artigos e publicou Los macizos montañosos orensanos e El Parque de San Lázaro (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rendar (O Incio). Realizada con muros de cachotaría de lousa, presenta planta rectangular e cuberta a catro augas. Nun dos ángulos sitúase unha capela acaroada amodo de torre e cuberta cunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo poético formado por Alberto Avendaño, Antón Reixa, Manuel M. Romón, Facurro Sesto e Camilo Valdeorras en Vigo (1975), ao que se uniu nun principio Alfonso Pexegueiro. Influenciados polo dadaísmo, o surrealismo e a pop-art, practicaron a escrita automática en galego e buscaron a provocación en cada unha das súas propostas. Publicaron de forma conxunta o primeiro libro en 1978, titulado Silabario da Turbina, ao que seguiron Fóra as vosas sucias mans de Manoel Antonio (1979) e, na serie “Tres tristes tigres” (1979), As ladillas do travesti, de A. Reixa; Facer pulgarcitos tres, de A. Avendaño; e Galletas kokoschka non, de M. Romón. Baixo o selo de Rompente tamén saíron á luz dous volumes significativos da poesía galega, Con pólvora e magnolias (1976), de Méndez Ferrín, e Seraogna (1976), de Alfonso Pexegueiro. En 1983 presentaron o seu último proxecto en común, A dama que fala, acompañado dun espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • radiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou casa das Señoritas Construción situada en Rosende (Sober). Foi construída en 1511 e ampliouse durante o s XVIII. Presenta planta en forma de L e ten unha solaina na parte posterior á que se accede por unha escaleira exterior. O conxunto completouse coa casa dos caseiros e cunha capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico ucraíno. Especialista en neuroloxía e psicoloxía, desenvolveu un método gráfico para determinar o perfil psicolóxico, como síntese dos resultados dunha serie de probas feitas sobre un individuo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO