"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Filósofo. O seu pensamento, denominado davidismo, levouno a considerar o ser coma unha unidade indivisible e indiferenciada. Das súas obras Quaternuli e De Tomis só se conservan as citas de Alberte o Magno e san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Armador. De orixe xudía, dedicábase a arrendar a facenda real na cidade coruñesa. Serviu os monarcas Xoán I de Castela e Fernando I de Portugal, de quen chegou a ser un dos seus privados principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre-Jean David.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1124-1153), fillo de Malcolm III. Sucedeu o seu irmán Alexandre I e interveu na sucesión de Enrique de Inglaterra, pero foi derrotado en 1138. Asegurou a monarquía escocesa e baseou o seu reinado nunha estrutura feudal. Reactivou a economía e renovou as fundacións eclesiásticas, a xustiza e o exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei comneno da Paflagonia, Heráclea e do Ponto, emperador de Trebisonda (1204-1214) e neto do Emperador Andrónico I. Fundou e compartiu co seu irmán Aleixo I o Imperio de Trebisonda. Morreu a mans do soldado turco Day Ka’ūs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1329-1371), fillo de Roberto I Bruce. Eduardo III de Inglaterra venceuno nos anos 1332, 1333 e 1346. Foi liberado polo Tratado de Berwick (1357) a cambio de recoñecer a supremacía inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador comneno de Trebisonda (1458-1461), fillo de Aleixo IV. Non conseguiu conter a invasión dos turcos aos que lles tivo que entregar Trebisonda. Foi encarcerado e executado con sete dos seus fillos e un sobriño no castelo das sete torres de Constantinopla. Con el desapareceu a familia imperial dos comnenos de Trebisonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xeorxia (1089-1125), fillo de Xurxo II. Aproveitou a primeira cruzada e a decadencia turca para reconstruír cidades e repoboar extensas comarcas. Foi o primeiro dos soberanos de Xeorxia que tivo exército permanente. Conquistou Tbilisi (1121) e o seu reino estendíase dende o Mar Negro ata o Caspio e dende o Cáucaso ata Armenia, logo de ocupar a súa capital, Ani, en 1123. Fixo importantes reformas na xustiza, na Igrexa e no exército, e foi un gran protector das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Realizou estudios no Conservatorio de París e viaxou por diversos países orientais. Compuxo pezas baseadas en temas exóticos. Da súa produción destacan a oda-sinfonía Le désert (1844) e a ópera cómica Lalla-Roukh (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Formouse en Haarlem no círculo de Dirk Bouts e na súa primeira época recibiu a influencia dos pintores holandeses e flamengos na liña dos Van Eyck e Van der Weyden. No ano 1484 estableceuse en Bruxas e a súa produción estivo marcada dende entón polo estilo de Memling. Non obstante , afastouse do estilo frío e conservador para buscar a psicoloxía dos seus personaxes. Destacan as súas obras A árbore de Iexé, Xesús e a Nai de Deus, Os tres reis e Historias de Cambises e Sisamne. Na súa última época incorporou elementos italianos como en Santa Catarina e Bautismo de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Joseph-Marie Vien, gañou o Prix de Rome (1774) e trasladouse co seu mestre a Italia ata 1780; alí coñeceu a Antigüidade clásica. A súa obra caracterízase polo predominio do debuxo sobre a cor e pola sobriedade da linguaxe que se afastou da exhuberancia rococó. As obras Le serment des Horaces (O xuramento dos Horacios, 1784), Socrete au moment de prendre la cigüe (Sócrates no momento de tomar a cicuta, 1787) e Les liteurs rapportent à Brutus le corps de ses fils (Os litores lévanlle a Bruto o corpo dos seus fillos, 1789) consolidárono como artista neoclásico comprometido coa revolución. Foi membro da Convención e inspector xeral de Belas Artes. A Asemblea Nacional encargoulle en 1789 que realizase un cadro sobre o Sermente de jeu de paume (Xuramento do xogo da pelota), do que só se conservan os bosquexos. Inmortalizou os mártires da Revolución en La mort de Lepelletier (A morte de Lepelletier), La mort de Marat (A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Escribiu, entre outras obras, Etudes historiques sur la Galicie et le Portugal du VIe au XIIe siécle (Estudios históricos sobre Galicia e Portugal do s VI ao XII, 1947), Liber aniversariorum ecclesiae cathedralis colimbriensis: livro das kalendas (Libro dos aniversarios da igrexa catedral de Coimbra: libro das calendas, 1947-1948), La métropole ecclésiastique de Galice du VIIIe au IXe siécle (A metrópole eclesiástica de Galicia do s VIII ao IX, 1947), Le pseudo-Turpin et le Guide du Pélerin (O pseudo-Turpin e a Guía do Peregrino, 1948) e Notes compostellanes (Notas compostelás, 1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Coñecido como David d’Angers, foi profesor de belas artes en París (1826). Gañou o Prix de Rome en 1811 e viaxou a Italia, onde coñeceu a Canova e a Thorvaldsen. Realizou medallóns-retratos de personaxes contemporáneos, a medio camiño entre a fogosidade do romanticismo francés e a suavidade do estilo xermánico. Relacionouse con intelectuais e artistas alemáns e retratou algúns deles, entre outros, Goethe, Schiller, Tieck e Friedrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á seita dos davidianos.

    2. Secta fundada en 1943 polo búlgaro Vic22tor T. Houteff (1885-1955). Emigrado aos EE UU, Houteff uniuse aos adventistas, dos que foi líder en Los Angeles nos anos vinte. Entre 1930 e 1932 publicou os dous volumes de The Shepherd’s Rod (A vara do pastor), onde sostiña que só 144.000 persoas formarían parte do Reino de Xesús Cristo (teoría das testemuñas de Xeová, non dos adventistas) e que antes da segunda vida de Cristo os elixidos deberían reunirse en Palestina. En 1934 a Igrexa Adventista do Sétimo Día condenou a súa obra. En 1935 Houteff fundou a editorial Shepherd’s Rod Publishing Association, que máis tarde mudou o nome por Universal Publishing Association e se trasladou a Waco (Texas), onde estableceu a súa sede no rancho Mount Carmel. Houteff consideraba esta organización como un movemento interno dos adventistas. A ruptura consumouse a causa do pacifismo radical do grupo de Waco, oposto incluso ao servizo civil en tempo de guerra e á participación en servicios auxiliares, admitidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Rei David.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento filosófico-relixioso inspirado na doutrina de David de Dinant que se difundiu durante os ss XII e XIII. Afirmaba que a semellanza das cousas substanciais só é posible se existe unha única realidade substancial, común a todos os corpos e ánimas: Deus mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Estudiou fotografía en 1953 no Rochester Institute of Technology con Ralph Hattersley e cursou filosofía e artes gráficas na Universidade de Yale. Realizou ilustracións fotográficas dos produtos químicos Kodak Eastman, publicou para a revista Life e traballou como fotógrafo independente en Nova York e París, onde realizou a serie titulada Widow in Montmartre, influído por Cartier-Bresson e W. E. Smith. Colaborou na axencia Magnum dende 1958 e coa Fundación Guggenheim a partir de 1962. Dous anos máis tarde comezou a dar clases na Escola de Artes Visuais de Nova York. Difundiu os seus traballos en diferentes revistas, como Du, Esquire, Look e Vogue. Nas súas imaxes reflicte a realidade da vida dos guetos de Los Angeles e do Harlem hispano de Nova York, acompañadas de retratos sinxelos e fortes, onde se pon de manifesto a privacidade e a soidade do individuo. Algúns destes traballos apareceron na selección East...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. Profesor nas universidades de Stanford (1951-1967) e de Chicago (1976-1981), levou a cabo a crítica dalgúns conceptos utilizados na filosofía analítica e interesouse polo establecemento de formas lóxicas no discurso indirecto e de criterios de verificación nas linguaxes naturais. Escribiu, entre outras obras, Essays on Actions and Events (Ensaios sobre accións e sucesos, 1980) e Inquiries into Truth and Interpretation (Preguntas sobre a verdade e a interpretación, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo británico. Activista, pacifista e anarquista, preocupouse por elevar a fotografía aos niveis das demais artes. Adscribiuse ao pictorialismo propugnado por Peach Robinson, xunto aos membros do Linked Ring Brotherhood, grupo fundado por el mesmo. Introdutor do material kodak no Reino Unido, nas súas imaxes empregou unha serie de teas finas para proporcionarlles sensación de irrealidade ás súas creacións, co que deu paso a unha estética nova. En moitas delas reflectiu estampas bucólicas dos campos ingleses.

    VER O DETALLE DO TERMO