"Alvar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 336.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Segundo algúns estudos, era fillo de Pai Gomez Charinho. Despois de desenvolver o seu labor en Italia e Grecia, en 1330 mudouse a Aviñón, onde foi penitenciario pontificio. En 1339 trasladouse a Santiago de Compostela. Publicou De Planctu Ecclesiae (1474).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Exerceu en Verín e en Viveiro. Publicou en Douro-Litoral unha serie de voces galegas vivas en Verín, Viana, Celanova, Xinzo e Viveiro e que, posteriormente, a editorial Galaxia incluíu no apéndice “Vocabulario de voces que no figuran en el cuerpo de la obra” do Dicionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), de Eladio Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Cadaval (1648-1727?). Durante o alzamento portugués contra Castela favoreceu a causa do oitavo duque de Bragança, Xoán II, quen, ao se converter en rei como Xoán IV de Portugal, lle outorgou varios cargos e o título de duque de Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Inspector de Traballo e da Seguridade Social desde 1974, foi profesor no Seminario de Estudos Sociais de Vigo (1976-1980). No eido político, foi conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia (1990-1991), deputado autonómico polo PP (1989-1995), alcalde de Vigo (1995-1999) e senador por Pontevedra (1996-1997). Como alcalde de Vigo presidiu a Mancomunidade de Vigo (1997-1999), o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1995-1999) e a Fundación Provigo. Foi eurodeputado (1999-2004) e participou como voceiro na Comisión de Emprego e Asuntos Sociais, e como membro na Comisión de Pesca e na Delegación para as Relacións con Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Integrado no colectivo Paralelo 42, grupo formado por escritores e artistas plásticos, cultivou o relato e a novela. Da súa produción destacan Cuando Elena se fué (1980, Premio de Novela El Golpe), 9 de abril (1985, Premio de Contos Gabriel Miró), Las estaciones de la muerte (1985, Premio Constitución de Novela de la Junta de Extremadura), La vida innecesaria (1989, XIII Premio de Novela Corta Gabriel Sijé), Como se nada existisse (1994), Un montón de años tristes (1999) e Nembrot (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Licenciouse en Farmacia e Ciencias Fisicoquímicas na Universidad de Valladolid (1871). En 1890 conseguiu a cátedra de Química Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, en que permaneceu ata 1894, cando marchou á Universidad de Valladolid. Autor dun centenar de obras, destacan Principios de química mineral y orgánica (1898), Tratado elemental de química y sus aplicaciones a la medicina, artes e industrias (1917) e Cuestiones químicas y pedagógicas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ciclista. Debutou como profesional en 1981. En 1983 gañou unha etapa na Vuelta a España e conseguiu o cuarto posto na clasificación xeral, proba en que obtivo a vitoria final en 1986. Ademais de competir no Giro de Italia e no Tour de Francia, onde foi oitavo en 1986, gañou a Volta a Catalunya en 1987. Retirouse en 1991 e converteuse en técnico e adestrador do equipo Kelme e posteriormente do Phonak.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, é autor dunha obra intelectual e irónica. Escribiu poesía, experimental e antivangardista, que plasmou en Protocolos (1973), e narrativa, marcada polo realismo subxectivo, como El heroe de las mansardas de Mansard (1983, Premio Heralde), El metro de platino iridiado (1990, Premio de la Crítica), Donde las mujeres (1997, Premio Nacional de Narrativa), El cielo raso (2001, I Premio Fundación Lara), en que trata o tema da homosexualidade e o cristianismo; Alrededores (2002) e Una ventana al norte (2004), en que procura a realidade a partir do gusto pola irrealidade. É membro da Real Academia Española (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. De estilo abstracto e informalista, nas súas obras predominaron os tons ocres e amarelos, con manchas longas e rascaduras no papel. Recibiu a bolsa de Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra (1991) e da súa produción destacan Naturaleza muerta (1994) e Sin título (1998). No tocante á escultura, destaca a caracola de aceiro inoxidable da Costa da Vela (Cabo Home) en Donón. As súas últimas obras mostran formas que fan referencia ao mar: mexillóns, ourizos de mar, ovos de raia... Adoita utilizar o poliéster cromado con esmalte metalizado. Pertence ao colectivo A carón do mar, formado por artistas do Morrazo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prelado do Opus Dei. Doutor en Filosofía e Letras e en Dereito Canónico, ingresou no Opus Dei en 1935. Foi ordenado sacerdote en 1944, e secretario xeral do Opus Dei (1940-1947 e 1956-1975). En 1975, á morte do fundador, foi elixido para sucedelo. En 1982 o Papa Xoán Paulo II nomeouno prelado ao erixir en prelatura persoal o Opus Dei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidad Complutense de Madrid en 1972, universidade na que foi profesor (1970-1997). En 1997 pasou, como catedrático de Lingua Castelá, á Universidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO
As súas liñas de investigación céntranse na gramática e na lexicografía da lingua castelá, sen deixar de lado a filoloxía galega. Comezou traballando no Seminario de Lexicografía da Real Academia Española, onde participou na elaboración do Dicionario histórico de la lengua española, e, en 1974, trasladouse ao Instituto Caro y Cuervo de Bogotá para encargarse da continuación do Dicionario de construción y régimen, de R. J. Cuervo, obra da que chegou a redactar case todo o tomo III (letra E) e da que posteriormente escribiu unha monografía: Elementos de lexicografía:... -
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Catedrático de Grego na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou nun Dicionario griego-español e en diversas publicacións periódicas, como ABC, La Noche e Ya. Publicou o poemario El Cristo de Asorey (1952), Hablas hispánicas. Temas gallegos y leoneses (1967), España antigua en las fuentes griegas (1970), Haz de cuentos pavorosos (1980) e Nebulosas y otros escritos (1992). É membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española de la Lengua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz e dos daordes ou canteiros que corresponde á voz ‘defecar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario español que puxo fin á Decada Moderada. Desprazou aos moderados do poder, dándolle o goberno a unha coalición liberal-progresista. Inicialmente só foi a expresión do descontento do sector liberal do exército, pero a adhesión dos progresistas e das clases populares obrigou a darlle contido político á insurrección co Manifesto de Manzanares (7.7.1854), no que se promete a descentralización e a reforma electoral, entre outras medidas reformadoras. Isabel II tivo que nomear ao xeneral Espartero xefe de goberno, dando así comezou o Bienio Progresista.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Catedrático de Literatura Española na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na literatura do Século de Ouro e contemporánea, centrando os seus estudos nas obras de Francisco de Quevedo, Luis Martín-Santos e Miguel Delibes. Desde 1996 dirixe un equipo de investigación da USC, en que colaboran 22 quevedistas, para publicar unha nova edición das Obras Completas en prosa de Francisco de Quevedo, con criterios ecdóticos modernos. Dos seus estudos destacan La originalidad novelística de Delibes (1975), Construción y sentido de “Tiempo de silencio” (1977), a edición crítica de Virtud militante contra las cuatro pestes del mundo, inuidia, ingratitud, soberbia, avarizia (1985), Quevedo y la poesía moral española (1995), Francisco de Quevedo. Poesía moral (Polimnia) (1999), “Tiempo de silencio”, edición crítica y anotada (2000), e as novelas Imitación compuesta (1996) e El escándalo de Julia (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso beneditino. Foi profesor de teoloxía moral en San Martiño Pinario e, tras a exclaustración, foi catedrático de Retórica e Poética do instituto de segundo ensino de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Teoloxía (1854) e de Dereito Canónico (1875) da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de decano da facultade de Teoloxía. Publicou, entre outras obras, Panegírico del beato Juan de Ribera (1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso beneditino. Profesor de teoloxía en San Martiño Pinario de Santiago de Compostela (1832),foi catedrático de Dereito Canónico (1875). Escribiu Programa de la asignatura de Retórica y Poética (1851) e Oración inaugural leída en la Universidad de Santiago en la apertura del curso de 1863 a 1864 (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Coñecido como Alejandro Casona, foi o máximo representante dun teatro poético e de evasión, antihistórico e fantástico. Escribiu La sirena varada (1934, Premio Lope de Vega) e Nuestra Natacha (1935). En México estreou Prohibido suicidarse en primavera (1937) e en Arxentina La dama del alba (1944), considerada unha das súas obras máis destacadas; La barca sin pescador (1945) e Los árboles mueren de pie (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad Autónoma de Madrid, foi maxistrado (1989-1998) e presidente (1995-1998) do Tribunal Constitucional, conselleiro do Tribunal de Cuentas, e desde 2000, defensor do cliente do Grupo Winterthur en España. Escribiu El presupuesto del estado: introdución al derecho presupuestario (1970), Introdución al estudo del derecho financiero: un ensayo sobre los fundamentos teóricos del derecho financiero (1976) e El Sistema tributario en la constitución: los límites del poder tributario en la jurisprudencia del Tribunal Constitucional (1992). Recibiu a Cruz de la Real y Muy Distinguida Orden de Carlos III (1998) e a da Orden del Mérito Constitucional (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador e cabaleiro portugués, fillo de João Soares e Teresa Gonçalves Bezerra. Activo no terceiro cuarto do s XIII, está considerado descendente da liña de Egas Moniz de Ribadouro. Nas Inguirições de 1258 destácase o seu carácter violento e, segundo un documento de 1269, mantivo certa relación con Pero Anes Gago, polo que puido frecuentar a corte de Afonso III. Da súa produción consérvase unha cantiga de amigo, localizada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Vaticana, titulada “Ai amiga, tenh’eu por de bon sen”, onde a amiga eloxia o autor polo seu respecto cara aos códigos do amor cortés e o segredo amoroso.
VER O DETALLE DO TERMO