"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Físico escocés. Profesor de física en Edimburgo, interesouse especialmente pola óptica: absorción da luz, óptica metálica e polarización. Estudiou a difracción da luz (1799) e formulou a lei de Brewster. Inventou un polarímetro, perfeccionou o estereoscopio e ideou o caleidoscopio. Determinou o punto de Brewster, un dos tres puntos da vertical que pasa polo Sol, polos que a radiación celeste difusa ten polarización nula. Participou en diversas revistas científicas, coma o Edinburgh Philosophical Journal (1819-1824) e o Edinburgh Journal of Science (1824-1832), e colaborou coa Edinburgh Encyclopedia. Foi un dos fundadores da British Association for the Advancement of Science. Entre as súas obras, cómpre remarcar Life of Sir Isaac Newton (Vida de sir Isaac Newton, 1832), Treatise on Optics (Tratado sobre os ópticos, 1832) e Treatise on Microscope (Tratado sobre o microscopio, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei referida á polarización da luz por reflexión, que determina que o ángulo de polarización ϴ p, vén dado pola expresión tg ϴ p = n’/n, onde n e n’ son os índices de refracción dos medios incidente e reflector, respectivamente. Como consecuencia, o ángulo reflectido é perpendicular ao refractado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á lei de Brewster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘igrexa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pintor sudafricano. Activo loitador antiapartheid, no ano 1975 foi acusado de actividades terroristas e condenado a nove anos de cárcere. En 1983 foi liberado e exiliouse a Europa. En lingua africana publicou, entre outros libros, Kouevuur (Gangrena, 1969), Lotus (1970), Voet Skrif (Posdata, 1976) e Seisoen en die Paradys (Estación ao paraíso, 1980). En inglés escribiu True Confessions of an Albino Terrorist (Confesións verdadeiras dun terrorista albino, 1985) e Memory of Snow and of Dust (Memoria da neve e do po, 1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán en lingua soraba, un dos máis representativos desta minoría nacional. Publicou, entre outras, unha triloxía de carácter autobiográfico, Felix-Hanusch (1958-1964), e unha novela, Krabat ou a transformación do mundo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vaclav Ignác Jebavý.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Naberezhnye Chelni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político soviético. Fillo dun obreiro da metalurxia, graduouse no instituto metalúrxico da súa cidade natal (1935) e converteuse en enxeñeiro siderúrxico. Membro do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1931, no 1937 formou parte do Comité rexional de Dniprodžerzyns’ke. Durante a Segunda Guerra Mundial chegou a ser comisario político da IV fronte de Ucraína (1942-1945). Tamén foi primeiro secretario do Comité Central do Partido Comunista da República de Moldavia (1950) e membro do Comité Central do PCUS desde 1952, do que pasou a ser secretario xeral en 1964, formando parte da troika que completaban Aleksej Nikolajevič Kosygin, como primeiro ministro e Nikolaj Viktorovič Podgorny, como presidente do goberno desde 1965. En 1976 foi nomeado mariscal da URSS e un ano despois substituíu a Podgorny adoptando unha nova Constitución. A doutrina Brežnev da “soberanía limitada” -a soberanía dun Estado comunista ten o seu límite nos intereses da comunidade socialista-, deu lugar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Deuse a coñecer con Faules de mal desar (Fábulas de mal gardar, 1974). Da súa produción destacan as obras L’ombra de l’eunuc (A sombra do eunuco, 1996), El mirall i l’ombra (O espello e a sombra, 1980) e L’home de Sau (O home de Sau, 1985), entre outras. Guionista de cine e televisión, destaca a súa creación da serie televisiva La Granja (1988-1992). Foi Premio Nacional de Literatura en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar irritación ou enfado esaxerado a alguén.

    2. Sentirse irritado dun xeito esaxerado contra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o pelo entre branco e negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo remite ao latín caprarius, -a, -um ‘relativo ás cabras’ e xa se documenta baixo forma latina no s X: “villa Capraria” (doc ano 950-951 en J. Mª Andrade Cernadas O tombo de Celanova, 1995, p 147). Como apelido aparece xa nun documento do ano 1196: “Fernandus de Kabreira” (Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 253). Hoxe en día adoita aparecer castelanizado Cabrera.

    2. Liñaxe antiga natural de Monforte de Lemos. Relacionado con esta caste está tamén o apelido Cabreiro. As súas armas levan, sobre campo de azul, unha cabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cabra.

    2. Persoa que pastorea cabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Cabreiros (concello de Xermade). O seu cumio atópase a 532 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO