"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • Aplícase ao organismo que pode desenvolverse nun medio de escasa proporción de sales, especialmente cloruros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao microorganismo saprobio que habita nos medios pouco contaminados ou de baixo nivel de putrescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Temor patolóxico á chuvia.

    2. Falta de adecuación dalgunhas plantas a condicións de chuvia continua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Marrocos que nace preto do Atlas Medio. Corre en dirección O e desemboca, tras un percorrido de 500 km, preto de El-Jadida, no Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de èódzkie, Polonia (74.270 h [2000]). Situada ao SO de èódź, é un mercado agrícola de patacas e cereais e un núcleo de industria téxtil, química e do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Merca baixo a advocación de santa Olaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salceda de Caselas baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Datada no s XVIII, conta con cuberta de madeira que simula unha bóveda na nave e cuberta a varias augas na capela maior. Os arcos da nave descansan en ménsulas incrustadas na parede. Destacan os relevos do retablo maior que representan o Nacemento de Xesús Cristo, a Adoración dos pastores e a Visitación da Virxe e a súa curmá Isabel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e poeta. Formouse no Colexio de Fonseca, onde se doutorou en Dereito. Ingresou na orde militar de Santiago, residiu en Roma e foi deán en Santiago de Compostela (1689). Autor dunha abondosa obra en castelán, foi o principal impulsor das Festas Minervais convocadas en 1697. No volume Fiestas Minervales y aclamación perpetua de las Musas a la inmortal memoria de el Ilustrísimo y Excelentísimo Sr. D. Alonso de Fonseca (1697), incluíuse unha das súas composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temor morboso a contraer enfermidades ou ao sufrimento en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada na ribeira dereita da ría de Arousa, na parroquia de Abanqueiro (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Arnoia, en Ambía (Baños de Molgas). Datada no s XIV, foi construída en cantaría e ten un único van con arco oxival. Sitúase no camiño dos arrieiros a Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1903-1918) e de Croacia e Eslovenia (1918-1921), fillo do príncipe Alexandre Karadjordjevič de Serbia. Acompañou o seu pai ao exilio e foi un dos organizadores do alzamento de Bosnia contra Turquía en 1875. A Asemblea Nacional de Serbia elixiuno rei en 1903.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que forma parte da serra dos Ancares e que está situado no extremo L da parroquia de Noceda (Cervantes), no límite coa provincia de León. O seu cumio acada os 1.821 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no S da parroquia de Padrenda, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.277 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Medeiros (Monterrei). O seu cumio acada os 645 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Feás (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 1.042 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das corticiáceas, formados por superficies moi extensas de cor alaranxada ou avermellada, con pregaduras que poden orixinar poros. Viven sobre pólas caídas. En Galicia dáse a especie P. radiata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído por C. Pissarro e A. Asley, orientouse en 1909 cara ao cubismo. En 1911 foi un dos creadores do Grup Section d’Or. Participou no Armory Show en Nova York (1913) e puxo as bases, con M. Duchamp, do dadaísmo neoiorquino. Tivo contactos cos dadaístas de Zúric, e en París pintou as súas Machines Ironiques. En 1921 volveu á pintura figurativa, e a partir de 1945 fixo abstracción con obras que el denominou sur-irréalistes.

    VER O DETALLE DO TERMO