Pardiñas Villar de Francos, Fabián
Pardiñas Villar de Francos, Fabián
Relixioso e poeta. Formouse no Colexio de Fonseca, onde se doutorou en Dereito. Ingresou na orde militar de Santiago, residiu en Roma e foi deán en Santiago de Compostela (1689). Autor dunha abondosa obra en castelán, foi o principal impulsor das Festas Minervais convocadas en 1697. No volume Fiestas Minervales y aclamación perpetua de las Musas a la inmortal memoria de el Ilustrísimo y Excelentísimo Sr. D. Alonso de Fonseca (1697), incluíuse unha das súas composicións.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sofán, Carballo -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela