"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Empregou o pseudónimo de Johan Carballeira e foi membro da Xeración de 1925. Colaborou en diversas publicacións como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Céltiga, Resol, Cristal, Nós e Vida Gallega. Militante do Partido Galeguista, en 1935 foi elixido secretario local da Agrupación do Partido Galeguista de Bueu e conselleiro por Pontevedra, e en 1936 elixido alcalde de Bueu pola candidatura da Frente Popular. Co alzamento militar do 18 de xullo de 1936, foi obrigado a deixar o seu cargo de alcalde, detido en setembro e condenado a morte o 29 de decembro. Logo de ingresar no cárcere da illa de San Simón (1937), foi fusilado. En 1996 publicouse unha escolma de poemas da súa autoría titulado Cartafol de Poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1598-1618), quinto marqués de Dénia, conde e duque de Lerma, conde de Ampudia (1602-1625), grande de España e cardeal (1618-1625), fillo do cuarto marqués de Dénia. Xentilhome da cámara de Filipe II, foi nomeado vicerrei de València (1595-1597). Trala morte do monarca (1598), Filipe III confioulle todos os asuntos de Estado, co que se iniciou o réxime de validos dos Austrias. A súa política interior estivo dirixida ao enriquecemento e engrandecemento persoal, para o que creou unha importante rede de clientelismo mediante a venda de títulos e favores. Foi tamén o artífice da expulsión dos mouriscos (1609-1610) e da política pacifista do monarca, que levou a Castela a asinar a paz con Francia (1601), Inglaterra (1605) e os Países Baixos (Tregua dos Doce Anos). Os escándalos financeiros e a crecente oposición dentro da corte, liderada polo seu fillo, a Raíña Margarida e o confesor real, Luis de Aliaga, precipitou a súa caída (1618). Tras abandonar a corte foi elixido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra. Editor e director xeral de España Exterior Publicaciones. Exerceu tamén como director xerente de La Región Internacional, delegado de Faro de Vigo, correspondente da BBC en diversos países do Leste, e de Europa Press en Londres, e director xeral do grupo de comunicación Galicia en el Mundo. Dirixiu o semanario Galicia en el Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Empregou o nome de Fuco G. Gómez e colaborou en diversas publicacións, como Patria Galega e Cultura Gallega. Da súa produción destaca Grafía galega (1926) e O idioma dos animais. Opúscaro de enxebreza (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Económicas pola Universidad de Madrid, foi director financeiro da empresa Manuel Rey e Hijos de Vigo. En 1979 foi presidente do PSOE en Galicia e participou na comisión que elaborou o Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado do Parlamento de Galicia polo PSOE na I e II lexislaturas (1981-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudiou dereito na Universidad de Salamanca e xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Pueblo Gallego. A partir de 1965 trasladouse a Madrid á redacción de Blanco y Negro e, posteriormente, ao equipo do diario Madrid e Cambio 16. Desde ese momento iniciou a súa etapa como reporteiro en países do Terceiro Mundo. Especializado na problemática dos países do Terceiro Mundo, escribiu as biografías de Ernesto Che Guevara e Patricio Lumumba, e traduciu o libro do Rei Hussein de Xordania Mi guerra con Israel. En 1983 a Asociación de Periodistas Europeos constituíu un premio co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Foi fiscal interino en Santiago de Compostela (1835-1841) ata ser nomeado fiscal da Audiencia de Valladolid (1841). Elixido deputado a Cortes (1841), foi ministro da Audiencia e da Chancelería de Valladolid (1854) e rexente das audiencias de Puerto Rico (1856) e La Habana (1858). De volta a España, foi conselleiro de Estado (1861-1865). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chileno. Viaxou por Europa e expuxo no Salon de París de 1897. A súa obra afastouse do academicismo e achegouse ao impresionismo. Realizou flores, retratos e paisaxes. Das súas obras destacan Puente sobre el Tíber e Panorama de Santiago desde Santa Lucía. Foi presidente da Sociedad de Bellas Artes (1919). O seu irmán Simón González Escobar , foi escultor e gañou a primeira medalla na Exposición Internacional de París de 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Coñecida como Fanny Garrido, empregou o pseudónimo de Eulalia de Liáns. Colaborou na prensa da época (El Correo e Galicia) e da súa produción destaca Escaramuzas (1885). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. As súas primeiras obras, mariñas, bodegóns e paisaxes de Castela, amosaron unha paleta de azuis, sienas, ocres e amarelos. As súas viaxes por Europa e o N de África contribuíron á asunción dunha paleta quente. Co paso do tempo foi asumindo unha abstracción ata chegar ao informalismo. Foi un dos integrantes do grupo Nueve Expresiones (1994) e ilustrou o libro Galicia, de E. Rivera Chevremont (1994). En 1974 participou na Exposición ao Aire Libre de Vigo e en 1978 realizou a súa primeira exposición individual en Madrid e, desde entón, realizou numerosas mostras por toda España, das que destacan as antolóxicas celebradas no Museo do Pobo Galego e en 2001 na Casa das Artes de Vigo. A súa obra está, entre outras, nas coleccións Caixanova, Xunta de Galicia e na Fundación Camilo José Cela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Fran, debutou co primeiro equipo do Real Club Deportivo de La Coruña en 1987. Na tempada 1990-1991 conseguiu o ascenso a Primeira División. Proclamouse campión da Copa do Rei (1995, 2002) e campión de Liga (tempada 1999-2000). Coa selección española disputou 16 partidos (1993-2000) e participou na Copa de Europa de Nacións (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Destacou principalmente como paisaxista, xénero no que amosou un gusto pola cor que o situou dentro dos modos fauvistas. Deformaba a cor, xunto co debuxo, ata uns extremos case expresionistas para obter unhas imaxes irreais. Como debuxante realizou obras de pequeno formato, cun gusto caracterizado polo decorativismo e o detalle preciosista. Recibiu a Mención Honorífica e Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes (1933), a Medalla do Ouro na Primeira Exposición Provincial de Belas Artes (1943) e o Premio Especial da IV Exposición Provincial de Artes (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Licenciado en Económicas pola Universidad Complutense, foi profesor mercantil, corredor de comercio e axente de cambio e bolsa. En 1987 fundou FG Inversiones Bursátiles, sociedade que presidiu. Nomeado presidente da Corporación Bancaria de España (Argentaria), trala fusión co BBV (1999) converteuse en copresidente da nova entidade BBVA, xunto con Emilio Ybarra e, en 2001, pasou a ser o presidente único.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Fillo dun dourador, en 1760 ingresou no taller de José Luzán en Zaragoza. Trasladouse pola súa conta a Roma (1771) e, ao regresar, pintou ao fresco o coro da basílica de El Pilar de Zaragoza (1772) e realizou once pinturas ao óleo sobre xeso para a cartuxa da Aula Dei nas que narrou a vida da Virxe. En 1774 residía xa en Madrid e, protexido polo seu cuñado Francisco Bayeu, ingresou na Real Fábrica de Tapices, na que realizou, ata 1792, 63 cartóns nos que reflectiu desde escenas idílicas ata escenas da vida cotiá nun estilo romántico e decorativo de carácter costumista. Entre os primeiros cartóns que realizou destacan La caza de la codorniz (1775), El quitasol (1777), El paseo de Andalucía (1777) e Las lavanderas (1780). Neste tempo gravou obras de Velázquez, realizou retratos e obras relixiosas, entre as que destaca Cristo crucificado (1780), co que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi tenente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Licenciouse en Medicina en Madrid (1931), ampliou os seus estudios en Dinamarca con Krogh e en Alemaña con Meyerhof, en temas de metabolismo. Discípulo de J. Negrín, durante a guerra estivo en Madrid, onde creou un instituto de alimentación que dirixiu J. Puche, e estudiou a patoloxía da desnutrición e algunhas avitaminoses. Traballou en Göttingen, Copenhaguen, Lund e Londres. Catedrático de Fisioloxía e Bioquímica da facultade de Medicina de Zaragoza (1950), en 1953 marchou á Universidade de Minneapolis (Minnessota) e dirixiu o laboratorio do Mount Sinai Hospital; posteriormente, foi profesor de bioquímica na facultade de Ciencias de Zaragoza (1974). É autor de traballos básicos sobre o metabolismo dos lípidos, en particular do colesterol, e a función do glucagón. Das súas obras destacan Nutrición y salud e Reflexiones sobre nutrición humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, primeiro conde de Revillagigedo (1749-1768). Durante a súa xestión como capitán xeral de Cuba (1734-1746), fundou a Compañía de Comercio de La Habana (1739-1740) e conseguiu expulsar os británicos da illa. Vicerrei de Nova España (1746-1755), ditou unha serie de medidas liberalizadoras do comercio e reprimiu o contrabando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de Cristóbal de Morales, foi mestre de capela das catedrais de Jaén e Sevilla. Escribiu música sacra, misas e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estudiou Ciencias Químicas e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Foi investigador, profesor e xefe da Sección de Corrección de Suelos do CSIC, catedrático de Edafoloxía, director do Colexio Universitario de Ourense, decano da Facultade de Farmacia de Santiago e director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na edafoloxía, onde destaca o seu labor como xefe do equipo que levou a cabo o Mapa de Solos do norte de España. Das súas obras destacan Suelos de la zona húmeda española, Técnicas de análisis de suelos. Experimentos de campo, Técnicas de análisis de suelos e Itinerarios de los suelos de Galicia. É membro da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo, presidente da Sección de Química, Física e Ciencias Naturais da Academia Galega de Ciencias e membro do seminario de Estudios Galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Pancho Cossío, iniciouse na pintura en Cantabria (1911) e Madrid (1914). Viviu en París (1923-1932), onde coñeceu a obra de G. Braque e realizou bodegóns poscubistas. Ao regresar a España deixou de pintar ata 1942. Dende entón a súa obra caracterizouse polo estudo da materia, dunha densidade pastosa, e polo debuxo esquemático. Entre outras obras destacan Amor (1926), Los guantes (1929) e Dos mesas (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Alençon e de Anjou, quinto fillo de Enrique II de Francia e de Caterina de Medici. Tamén coñecido como Francisco Hércules d’Anjou, converteuse en 1574 en lugartenente xeneral dos exércitos franceses, polo que se enfrontou aos hugonotes nas Guerras de Relixión e aos españois nas Guerras de Flandres.

    VER O DETALLE DO TERMO